O Bloque Nacionalista Galego, a través da deputada Olaia Fernández Davila, instou ao Ministerio de Medio Ambiente a que execute a orde de derrubo que pesa sobre os bungalows ilegais instalados na Foz do Miñor. Nunha Proposición non de Lei sinala que aínda habendo unha resolución do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra e unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza seguen os bungalows ilegais instalados nun Lugar de Interese Comunitario e dentro da Rede Natura 2000.
Así mesmo, realizáronse preguntas parlamentarias insistindo nesta situación, cualificada polo BNG como "inxusta", toda vez "que múltiples sentencias ratificaron o proceder irregular do Camping Baiona Playa, sin que se percibise de ningunha administración pública "máis que indiferenza e tolerancia" para unhas instalacións que continúan xerando un beneficio económico salientable.