Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Detido un veciño de Baiona como suposto autor de varios roubos con forza no edificio onde reside.

Correo-e Imprimir PDF

coche Guardia CivilA Garda Civil detivo este venres pola mañá a H.D.R., de 21 anos de idade, veciño de Baiona, como suposto autor do roubo con forza en cinco dos trasteiros do inmoble onde reside así como de dúas bicicletas. As denuncias dos veciños afectados provocou a investigación que deu por resultado a devandita detención.

A remodelación portuaria de Baiona habilitará un centenar de novas prazas de amarre.

Correo-e Imprimir PDF

Portos de Galicia comeza a remodelación das instalacións portuarias de Baiona. Habilitará un centenar de novas prazas de amarre para esloras menores co obxectivo de dar cabida as embarcacións que actualmente se atopan fondeadas.

Baiona: Corte de tráfico rodado na contorna do cruceiro da Santísima Trinidade dende o martes

Correo-e Imprimir PDF

cruceiro trinidadO Concello de Baiona procederá á substitución do pavimento de pedra da contorna do cruceiro da Santísima Trinidade. Debido á necesidade de utilización de maquinaria pesada, será necesario o corte do tráfico rodado a partir deste martes 9 de decembro ata o final da obra, segundo o bando emitido pola alcaldía.

Detido un veciño de Baiona como suposto autor dun roubo e varias estafas por internet

Correo-e Imprimir PDF

Grupo de delitos telemáticos da Garda Civil | imaxe G.C. Ministerio InteriorA Garda Civil detivo a un veciño de Baiona como suposto autor dun roubo no interior dunha vivenda.

P.B.M., de 29 anos de idade, veciño de Baiona e de nacionalidade uruguaia, foi detido como suposto autor de varios delitos de roubo con forza, quebrantamento dunha orde de afastamento, usurpación de estado civil, estancia ilegal e dúas estafas por internet.

Derrúbase parte do paseo fluvial do Río Fraga en Baredo.

Correo-e Imprimir PDF

derrube-lores-baredo-paseoO PSOE baionés acusa ao goberno municipal de "falta de sensibilidade e de responsabilidade" por deixar no abandono este paseo fluvial ás beiras do Río Fraga, na parroquia de Baredo. Denuncian concretamente o derrube da ponte e pasarela a carón do paso do Camiño Portugués pola Costa. Desfeita que advirten, esténdese no resto do traxecto onde a madeira amosa falla de mantemento, superficies podres ou escorregadizas, que poden provocar accidentes aos viandantes.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL