A Garda Civil detivo a un veciño de Baiona como suposto autor dun roubo no interior dunha vivenda.
P.B.M., de 29 anos de idade, veciño de Baiona e de nacionalidade uruguaia, foi detido como suposto autor de varios delitos de roubo con forza, quebrantamento dunha orde de afastamento, usurpación de estado civil, estancia ilegal e dúas estafas por internet.
Así o comunicaron esta mañá fontes da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
A detención produciuse onte por mor das investigacións iniciadas por compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Baiona, tras a denuncia presentada por roubo no interior dunha vivenda da localidade baionesa, na que, segundo o denunciante, subtraeron varios reloxos, xoias e material de fotografía. No momento da detención a Garda Civil requisou dous reloxos, unha cámara de fotos e 11 xemelgos.
Unha vez conducido ás dependencias oficiais do referido Posto Principal da Garda Civil ao obxecto da instrución das correspondentes dilixencias, a Garda Civil constata que o detido residía cunha persoa respecto da cal posúe en vigor unha orde de afastamento, feito polo que se lle imputou un delito de quebramiento de condena. Ao cotexar os datos coa Policía Nacional constatan tamén que pesa sobre el unha orde de expulsación de España, e un amplo expediente de antecedentes policiais.
Estafas por internet e usurpación de identidade.
Entre o material recuperado pola Garda Civil no momento da detención atopábase unha cámara que fora roubada e sobre a cal a Garda Civil destapou que o detido cometera dúas estafas en internet poñendo en venta a cámara sen facer a súa entrega. A este delito de estafa hai que sumarlle outro delito de usurpación de identidade e estado civil, cando o detido fíxose pasar por outra persoa con nome, apelidos e DNI para realizar a estafa da venta por internet.
O detido foi posto a disposición do xulgado de instrucción número 3 de Vigo.