Xoves, 7 Dec. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona deixa de ser a sede do IGADI que denuncia "hostilidade institucional do seu alcalde"

Correo-e Imprimir PDF

caixas igadi

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) deixa definitivamente a súa sede en Baiona e trasládase  a Pontevedra. Aseguran que a situación en Baiona fíxose insostible e culpan ao rexedor baionés de "hostilidade institucional".

O Val Miñor volve perder un referente de investigación e análise internacional que tivo o seu xerme na propia comarca.

O BNG presenta a súa candidatura ás muncipais de Baiona este domingo en acto público.

Correo-e Imprimir PDF

O Bloque Nacionalista Galego en Baiona realizará un encontro aberto o vindeiro domingo , a partires das doce da mañá no local electoral sito na rúa Caixa de Aforros número 3, no que presentará a súa candidatura para as eleccións municipais de maio.

EU procura unha candidatura de converxencia en Baiona e designa a Silvano Montes alcaldable.

Correo-e Imprimir PDF

silvano montes baionaA asemblea local de Esquerda Unida en Baiona, elixiu ao actual coordinador local, Silvano Montes Sánchez, como candidato á alcaldía de Baiona nas próximas eleccións municipais do mes de maio. Tamén se lle encargou establecer contactos con outras forzas políticas, colectivos sociais e persoas independentes, de cara a formar unha candidatura de confluencia no municipio.

#Baiona: Detectan un centenar de condutores baixo os efectos do alcohol ou as drogas durante a Arribada.

Correo-e Imprimir PDF

coche Guardia CivilControis da Garda Civil detectan 71 condutores conducindo baixo os efectos do alcol e 23 baixo os efectos de drogas durante as festas da Arribada. Dous casos de alcoholemia foron detectados tras accidentarse os condutores.

Iago Pereira (BNG): “O Concello de Baiona non é máis que un órgano administrativo sen alma”.

Correo-e Imprimir PDF

IagoO actual concelleiro Iago Pereira será o candidato á alcaldía de Baiona polo BNG por decisión da súa asemblea local. “Contrariamente ao Partido Popular e ao señor Almuíña (alcalde de Baiona), nós consideramos que a política ten que ter contido ideolóxico, co fin de dar cumprida solución aos problemas de baioneses e baionesas”, apuntaba trala elección.

O edil nacionalista reflexiona que aínda que “a xente está  a pasalo mal”, non vén ás administracións públicas “como unha axuda”. Pola contraria, entende que hai “desafección” na cidadanía baionesa por mor  das políticas desenvolvidas polo rexedor Vázquez Almuíña. A quen acusa de ter convertido ao Concello de Baiona nun “órgano administrativo sen alma que executa os orzamentos sen aspirar a nada”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL