Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona deixa de ser a sede do IGADI que denuncia "hostilidade institucional do seu alcalde"

Baiona deixa de ser a sede do IGADI que denuncia "hostilidade institucional do seu alcalde"

Correo-e Imprimir PDF
caixas igadi

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) deixa definitivamente a súa sede en Baiona e trasládase  a Pontevedra. Aseguran que a situación en Baiona fíxose insostible e culpan ao rexedor baionés de "hostilidade institucional".

O Val Miñor volve perder un referente de investigación e análise internacional que tivo o seu xerme na propia comarca.

 

O IGADI naceu en Baiona, o faro euroamericano que ninguén pon en valor.... Trasladámonos hai uns anos á illa de San Simó...

Posted by Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional on Miércoles, 29 de abril de 2015

Con esta breve mensaxe colgada na páxina da rede Facebook despedíanse de Baiona os poucos investigadores do IGADI que aínda mantiñan algunha actividade no pequeno piso privado de Baiona onde residía e nacera esta institución creada a comezos da década dos 90 do século pasado a iniciativa do especialista en política internacional Xulio Ríos . O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), fixo que a vila de Baiona figurara en todos estes anos como referencia das súas actividades no que converteuse nun observatorio estratéxico de Galicia para mirar e analizar a política e economía mundial cunha óptica propia.

Tras un breve pasaxe pola Illa de San Simón, o IGADI padeceu o "illamento físico" que implicou trasladarse á illa, onde o confinou a Xunta de Galicia. As condicións deste illamento fixeron imposible aos bolseiros, estudantes e investigadores manter ese lugar como espazo de traballo e decidiran volver ao máis pequeno pero funcional piso en Baiona.

A pesar de tratarse dun instituto de prestixio internacional, con presenza e investigacións nos cinco continentes nunca acadou o apio necesario das autoridades municipais nin autonómicas para dotalo dun espazo digno onde desenvolver as súas actividades.

Agora, o concello de Pontevedra será o beneficiario das repercusións da andadura do IGADI. Un convenio asinado entre o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores (BNG) e representantes do IGADI fixa a residencia desta por 25 anos na capital provincial.

Segundo fontes do IGADI consultadas por este medio, dende o punto de vista funcional e operativo o traslado será de gran beneficio para todos os investigadores. Tamén alí, poderá conservarse en mellor estado o amplo fondo documental das diversas iniciativas internacionais que coordina o IGADI.

Xulio Ríos, veciño de Baiona, Xulián Maure de Nigrán, xunto con un importante número de veciños do Val Miñor e do resto do país crearon este espazo que hoxe deixa para sempre a comarca de orixe. Coa despedida, pérdese case un cuarto de século onde a mellor investigación internacional estivo feita ou inspirada dende o Val Miñor.