Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Militantes socialistas ratifican a candidatura de Rafael Lores á alcaldía de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE de Baiona xa ten candidato á alcaldía. O ex concelleiro Rafael Lores Rosal ocupará o primeiro lugar na lista das vindeiras municipais tras ser ratificada a súa candidatura nunha asemblea de militantes celebrada o pasado domingo 19 de outubro. Máis de 60 persoas segundo fontes da agrupación participaron do acto que pechou o proceso de primarias iniciado en Baiona. Trala elección, Lores fixo un chamado a asociacións e colectivos veciñais para dialogar na procura de solucións aos problemas que atravesa o municipio.

Un verquido de gasoil tinxe as augas en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Mancha de gasoil no porto de Baiona | Foto Pablo BangaUnha mancha de gasoil tinxiu o pasado sábado a zona do porto de Baiona.

Usuarios e visitantes acuciaron o foto cheiro que a mancha provocou na zona comprendida entre a lonxa e a nova estación marítima. A mancha apareceu ás doce do medio día do sábado e non dispersou até pasadas ás sete da tarde.

Expertos no combate á praga da avespa asiática informarán este sábado aos apicultores de Baíña.

Correo-e Imprimir PDF

Vespa velutina nigrithorax MHNT dosO Centro Cultural de Baíña acollerá este sábado ás 19:30 unha xuntanza de apicultores da zona na que expertos achegarán recomendacións e materias para combater a praga da avespa asiática invasora e depredadora das abellas produtoras de mel.

As fortes choivas provocan o estancamento de auga en Sabarís e o desbordamento do Burgo

Correo-e Imprimir PDF

A auga estancábase hoxe no cruce en SabarísSegundo a última información de Meteogalicia, as chuvias remiten xa na metade oeste de Galicia e a fronte mantense no leste, pero irá perdendo intensidade.

A borrasca situada no Atlántico deixou hoxe 92 litros por metro cuadrado na comarca de Vigo, por debaixo dos 110 e 105 litros de Sanxenxo e Cotobade.

A intensidade da choiva causou leves problemas hoxe en Sabarís e o desbordamento do río Burgo á altura de Santa Marta. 

Rafael Lores Rosal será o candidato do PSOE á alcaldía de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

rafa loresRematado o prazo para a presentación de avais, a Comisión de Garantías do PSOE Baiona comunica que a candidatura do actual secretario xeral, Rafael Lores foi a única presentada no proceso de primarias. Engade que a mesma contou co apoio do 50% dos inscritos no censo da agrupación. Os militantes e simpatizantes terán a posibilidade de refrendar a proclamación de Lores como candidato á alcaldía de Baiona nunha asemblea o vindeiro 19 de outubro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL