Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Iago Pereira (BNG): “O Concello de Baiona non é máis que un órgano administrativo sen alma”.

Correo-e Imprimir PDF

IagoO actual concelleiro Iago Pereira será o candidato á alcaldía de Baiona polo BNG por decisión da súa asemblea local. “Contrariamente ao Partido Popular e ao señor Almuíña (alcalde de Baiona), nós consideramos que a política ten que ter contido ideolóxico, co fin de dar cumprida solución aos problemas de baioneses e baionesas”, apuntaba trala elección.

O edil nacionalista reflexiona que aínda que “a xente está  a pasalo mal”, non vén ás administracións públicas “como unha axuda”. Pola contraria, entende que hai “desafección” na cidadanía baionesa por mor  das políticas desenvolvidas polo rexedor Vázquez Almuíña. A quen acusa de ter convertido ao Concello de Baiona nun “órgano administrativo sen alma que executa os orzamentos sen aspirar a nada”.

Nacionalistas piden explicacións á Xunta polo impacto ambiental e económico do campo de golf en Baredo.

Correo-e Imprimir PDF

Chelo-Martinez"Xusto foron a escoller a proposta de 'lecer' máis agresiva co medio, máis elitista e de dubidosa xeración de beneficios para a economía local", denuncia a deputada Consuelo Martínez García (CERNA) nunha enquisa presentada ante a mesa do parlamento galego. Salienta que "a idea de promover o turismo como 'monocultivo' inzando Galiza de campos de golf, ademais de obsoleta, é absolutamente ineficaz para os supostos fins pretendidos e insustentable na súa xestión e mantemento". Engade que existen multitude de estudos e de informes de organismos internacionais, ambientalistas, universidades, etc, que así o certifican.

As choivas provocan un aluvión de terra e pedras que afecta fincas e camiños da Medialdea en Belesar.

Correo-e Imprimir PDF

escorrentada medialdeaVeciños de Belesar traballaban este venres na procura de conter o aluvión de terra, pedras e auga que baixaba do monte na zona da Medialdea. Denuncian que un recente desbroce facilitou o seu espallamento polo camiño da Costa do Xenio e fincas do lugar trala caída das choivas das últimas 48 hora. Reclaman que os responsables do monte ou o Concello de Baiona dea unha solución rápida á incidencia.

Podemos celebra o sábado a súa terceira asemblea cidadá en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

O encontro terá por obxectivo iniciar o proceso de validación do círculo Podemos-Baiona así como un informe dos contactos desenvolvidos coas organizacións socias e parroquias ata de agora. Incluirá un informe da situación económica da agrupación e unha rolda de intervencións aberta ao público asistente. A xuntanza será o vindeiro sábado 17 de xaneiro ás 12 horas na Sala Ángel Bedriñana no baixo da Praza de Abasto de Baiona.

Os Reis Magos repartirán 1.500 kg de caramelos por Sabarís e Baiona durante a cabalgata.

Correo-e Imprimir PDF

haribo-sin-glutenA Concellería de Cultura de Baiona avanza que ten todo preparado para recibir as súas Maxestades os Reis Magos que chegarán a Real Vila subidos nas súas magníficas carrozas perfectamente iluminadas. Para esta ocasión o Concello de Baiona contou un ano máis coa participación na confección e diseño das carrozas dos Reis coa empresa "A Festa Escénica" que anuncian, "sorprenderán cós séus deseños inspirados en persoaxes infantís".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL