Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona As choivas provocan un aluvión de terra e pedras que afecta fincas e camiños da Medialdea en Belesar.

As choivas provocan un aluvión de terra e pedras que afecta fincas e camiños da Medialdea en Belesar.

Correo-e Imprimir PDF
escorrentada medialdea
aluvion medialdea
costa do xenio
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Veciños de Belesar traballaban este venres na procura de conter o aluvión de terra, pedras e auga que baixaba do monte na zona da Medialdea. Denuncian que un recente desbroce facilitou o seu espallamento polo camiño da Costa do Xenio e fincas do lugar trala caída das choivas das últimas 48 hora. Reclaman que os responsables do monte ou o Concello de Baiona dea unha solución rápida á incidencia.


Se ben as casas non foron afectadas, os veciños reportan o ingreso de ata 20 cm de auga nun garaxe, así como desfeitas varias en cortellos e leiras por mor do arrastre de diversos materias provocado polas correntes dende as zonas altas. Sinalan que o camiño continuaban cheo de terra e pedras na tarde do venres, aínda que unha improvisada cuadrilla de veciños traballou arreo creando regos e contencións defender as fincas.