Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona asistiu á noite con máis “estrelas e lobos” da súa historia.

Correo-e Imprimir PDF

006-cara-foxo-pedrinhoCon máis de medio milleiro de asistentes celebrouse na tarde-noite do mércores a tradicional Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos coñecida como a “Noite de estrelas e lobos”.  Dende cedo o público ocupou ata encher todos os recunchos da estrada Baiona - O Rosal á altura de Chan da Lagoa. Ante a mirada estrañada das rubias e garranos que pastaban na zona, centenares de coches comezaron a trepar a estrada provincial 2205 cara ao Corteliño onde as vistas panorámicas dende o Montouto abraiaron aos participantes alén do Val Miñor e deron pé a presumir aos locais. En caravana remontaron cara á Cruz de Pau onde a fileira de lanternas alcanzou os dous quilómetros nunha apertada marcha cara o Foxo Pedriño, onde tivo lugar unha explicación e reconstrución etnográfica da caza do lobo e posteriormente unha observación astronómica.

 O percorrido contou co equipo de guías do IEM,esta vez integrado polo arqueólogo  Xosé Lois Vilar e o profesor Xilberte Manso. Tamén coa asistencia dun equipo de espertos da Agrupación Astronómica Rías Baixas liderados por Julio Pereira Navia para transportar ao público nunha viaxe imaxinaria pola ancestral Serra da Groba, e rematar coa Bágoas de San Lourenzo, entrada a madrugada do mércores.

O PSOE pide a Vázquez Almuíña que suspenda o mercadillo da franxa costeira en defensa do comercio local.

Correo-e Imprimir PDF

A instalación de postos de venda ambulante na tempada alta turística sempre trae polémica co comercio establecido. Dende hai días, unha vintena de postos están a comercializar diversos produtos na franxa litoral de Baiona e dende a súa instalación veciños e comerciantes da zona están a facer sentir o seu desagrado polo que consideran "competencia desleal". O PSOE de Baiona pronunciase ao respecto e entende que é incomprensible que o Concello autorice a instalación do mercadillo "afectando letalmente os intereses do comercio local". "En Baiona non vale todo" salientan. A agrupación socialista opina que este tipo de actuacións "feitas sen ningún criterio de calidade e de idoneidade non favorecen a proxección de Baiona como un destino de calidade".

Nova intervención urxente na Casa do Reloxo de Baiona para salvagardar a súa estrutura.

Correo-e Imprimir PDF

casa-reloxo-baionaA Tesouraría Xeral da Seguridade Social, propietaria do inmoble, realiza dende este luns e por un período de tres días aproximadamente obras na Casa do Reloxo "como medida preventiva e para salvagardar a seguridade e salubridade do inmoble", segundo informa o Concello de Baiona. As devanditas actuacións foron requiridas polo Concello para levar a cabo "de forma urxente e inmediata", á espera de que realicen un estudo pormenorizado da edificación.

Controlan un principio de incendio nunha leira fronte ao cemiterio de Belesar.

Correo-e Imprimir PDF

lume belesarO primeiro susto do verán coa teima dos lumes ocorreu este sábado en Belesar. Unha leira fronte ao cemiterio local comezou arder próximo ás 15 horas. "Ninguén viu nada. Como todos estaban nas súas casas comendo..." sinalan veciños da zona. O suceso foi recollido na páxina Belesar Dixital. VM.info púxose en contacto cos administradores do espazo, quen sinalaron que "Unha veciña, que ten a casa a carón de onde se orixinou o lume foi a que chamou a garda civil. Logo no lugar apareceu a Garda Civil, Policía Local e o Grumir cun camión". A intervención controlou rapidamente o lume.

Na procura de Inês, unha meniña de Lisboa que enviou unha mensaxe nunha botella que arribou a Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Mensaxe de Ines meninha de 12 anos de LisboaNun mundo globalizado e interconectado, onde a inmediatez da información pola rede rompe as latencias de espera propias das antigas canles de comunicación; cando acontece un feito como que imos relatar non podemos deixar de sorprendernos, ilusionarnos e emocionarnos. Algo tan sinxelo como unha mensaxe nunha botella.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL