Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Controlan un principio de incendio nunha leira fronte ao cemiterio de Belesar.

Controlan un principio de incendio nunha leira fronte ao cemiterio de Belesar.

Correo-e Imprimir PDF
lume belesar

O primeiro susto do verán coa teima dos lumes ocorreu este sábado en Belesar. Unha leira fronte ao cemiterio local comezou arder próximo ás 15 horas. "Ninguén viu nada. Como todos estaban nas súas casas comendo..." sinalan veciños da zona. O suceso foi recollido na páxina Belesar Dixital. VM.info púxose en contacto cos administradores do espazo, quen sinalaron que "Unha veciña, que ten a casa a carón de onde se orixinou o lume foi a que chamou a garda civil. Logo no lugar apareceu a Garda Civil, Policía Local e o Grumir cun camión". A intervención controlou rapidamente o lume.

Polos comentarios vertidos polos veciños "foi pouca cousa", mais sinalan con preocupación a falla de limpeza nalgúns terreos baldíos que poden facilitar o inicio de incendios nesta parroquia de Baiona.