Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Veciños de Sabarís recadan 200 quilos de alimentos no festival solidario “Operación Kilo”.

Correo-e Imprimir PDF

operacion-quiloO festival solidario "Operación Kilo" de Sabarís acada 200 quilos de alimentos non perecedoiro na tarde do mércores. O evento organizado pola asociación veciñal Castro e Ladeira permitirá fornecer o Banco de Alimentos de Vigo, organización da que é colaboradora. A nutrida asistencia puido gozar das actuacións do pallaso Popin, a Orquestra Pantasma, Pepe Capelán, Benito Lobariñas, Josiño da Teixeira e o Caruncho, quen prestáronse desinteresadamente ao festival solidario. A asociación Castro e Ladeira agradece á veciñanza e artistas que apoiaron a "Operación Kilo" e anuncia un segundo festival solidario que terá lugar o vindeiro 24 de agosto.

As obras na céntrica Avda. Pereira Troncoso de Sabarís continuarán durante o mes de xullo.

Correo-e Imprimir PDF

troncoso sabarisAdxudicadas en xullo de 2013 coa condición de rematar a actuación nun mes, as obras na Avenida Pereira Troncoso de Sabarís aínda están en curso. Os traballos comezaron a mediados de xaneiro pasado, mais problemas de orden climatolóxico, segundo as autoridades, levaron a postergar o remate. Este xoves o alcalde Jesús Vázquez e o presidente da deputación, Rafael Louzán percorreron a zona acompañados de comitiva e medios. Prometeron a conclusión das mesmas para este mes de xullo e salientaron “a boa marcha dos traballos”. Entre mentres, comerciantes e veciños da zona día si e outro tamén protestan e denuncian os prexuízos ca demora está a provocar.

Baiona ofrece este verán catro praias sen fume de tabaco.

Correo-e Imprimir PDF

os fradesCoa prohibición de fumar na praia A Concheira, anunciada polo alcalde Jesús Vázquez, xa son catro os areais de Baiona libres de fume de tabaco. Os Frades, A Barbeira e A Ribeira completan a lista de praias que deixan o perímetro do Monte Boi acondicionado con estas características para os bañistas. A medida compleméntase no eido da seguridade coa recuperación do servizo policial en bicicleta que vixiará a costa do municipio.

Sabarís quédase sen a Festa da Empanada.

Correo-e Imprimir PDF

jvalverderuaAnte a negativa do Concello de Baiona a pechar a rúa Julian Valverde para a realización do evento a Asociación Castro e Ladeira decide cancelar a festa gastronómica. Así o fixo saber o colectivo nas redes tras entender que nesas circunstancias "non podemos garantir a comodidade nin a seguridade dos participantes a devandita festa". Aseguran que o Concello propuxo como "única solución" a utilización das beirarrúas ou as proximidades á praza Vitoria Cadaval. "Non nos parece apropiado celebrar unha festa gastronómica nas beirarrúas do noso pobo mentres circulan os coches, por motivos obvios", argumenta o colectivo. Ademais de que calquera descoido podería converterse nun accidente "cousa que queremos evitar custe o que custe", salientan.

Baiona non estaría cumprindo coa súa propia normativa de contaminación acústica

Correo-e Imprimir PDF

Alcantarilla en Jose P. Troncoso - Sabarís"Xordos por culpa dunhas tapias" Veciños de Sabarís quéixanse de que levan dous meses solicitando ao concello de Baiona o selado de varias tapias de alcantarilllas.

O paso dos vehículos sobre as tapias soltas, provocan molestias contínuas aos veciños da zona.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL