Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A Xunta comprométese en Baiona co acceso ao deporte das persoas con discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

xunta yates baionaO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato salientaron hoxe o compromiso do Goberno galego no acceso ao deporte das persoas con discapacidade
Fixérono no acto de clausura do Curso de Vela Adaptada 2013-14, que tivo lugar no Monte Real Club de Yates de Baiona. Rueda relatou que o Goberno galego está a renovar a Lei de accesibilidade que leva vixente máis de 15 anos, intentando dar solucións a problemas moi básicos do colectivo de persoas con discapacidade.
Lembrou ademais que cando se renovou a Lei do deporte, se incluíu un artigo específico para contemplar o fomento da actividade deportiva neste colectivo.
Máis en xeral, comentou que o Goberno galego está renovando a lei de accesibilidade, que leva vixente máis de 15 anos, intentando dar solucións a problemas moi básicos do colectivo de persoas con discapacidade.

Sucesos. Rescatan a unha muller que caeu ao río en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

Efectivos do GES de Val Miñor rescataron na noite do mércores a unha muller de 46 anos que caeu a un río cando paseaba por Sabarís.

A Xunta dá aprobación definitiva a un PXOM de Baiona marcado pola falla de consenso no local.

Correo-e Imprimir PDF

pxom baiona 2Coa sinatura esta mañá da orde de aprobación definitiva do PXOM por parte da Xunta de Galicia péchase máis dunha década de debates e desencontros urbanísticos en Baiona. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona, nun acto celebrado na casa consistorial no que estivo acompañado polo alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, e pola secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.

As principais empresas e operadores do mar escollen Baiona para debater sobre o futuro do sector.

Correo-e Imprimir PDF

pm 7Próximos a 200 directivos das principais cadeas de alimentación, convocados pola Asociación de fabricantes e distribuidores (AECOC) daranse cita durante os días 4 e 5 de xuño en Baiona para debater sobre a produción, elaboración, comercialización e distribución de produtos do mar.

Mitin do PP en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

O secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, a candidata ás eleccións europeas, Carmen Pardo, e o alcalde de Baiona, Jesús Almuíña, participan nun mitin a desenvolverse este mércores 21 de maio no Hotel Bahía (Estrada de Santa Marta, 13. Baiona), a partir das 18:30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL