Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A Percibilleria en Baiona lucirá unha réplica da estatua da "Virgen de la Roca".

Correo-e Imprimir PDF

Manuel Quintas no seu taller traballando na peza. Foto - Iglesias ViqueiraO monumento en pedra de 3 toneladas e tres metros de altura colocarase na praza da Percibilleira.

O artista baionés, Manuel Quintas "O ferreiro" é o autor desta réplica que cederá ao concello e será exposta ao público o próximo 1 de setembro.

Os colectores de residuos cheiran mal cando rematan os mercados de Baiona e Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida denuncia os cheiros provenientes dos colectores de lixo próximos aos mercados de Sabarís e Baiona. A agrupación entende que a falla de colectores específicos para o vertido de residuos orgánicos é a causa do problema, pois os feirantes deben colocar o lixo nos colectores normais.

Máis de 400 persoas embarcan na travesía reivindicativa do patrimonio do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Actividades de divulgación no propio barcoMáis de 400 persoas, acudiron á "Primeira Travesía en defensa do mar e da terra", que se celebrou o pasado sábado polas aguas da Ría de Baiona e Vigo, organizada pola formación política ANOVA-Baiona.

O BNG denuncia que o alcalde de Baiona borra a solidariedade internacional dos gastos do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

Vázquez Almuíña solicitou a baixa do Concello do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade “para aforrar 2000 € anuais”, denuncian os nacionalistas. Nembargante, días atrás gastou 16.000€ “nun xantar con xubilados que non ten máis fin que o de fidelizar o voto”, protesta o voceiro do BNG, Xosé Manoel Marcote.

ANOVA organiza unha travesía marítima divulgativa do patrimonio ameazado da bisbarra.

Correo-e Imprimir PDF

Anova Baiona celebrará o vindeiro sábado 22 de xuño, a "Primeira Travesía en defensa do Mar e a Terra". Os organizadores informan que trátase dun acto aberto que consistirá nun percorrido en barco polo mar de Panxón e Baiona ademais do desembarco durante dúas horas nas Illas Cíes. Segundo explica o voceiro nacionalista Antonio Espinar, os asistentes "poderán coñecer a bordo as explicacións sobre a riqueza da nosa terra e o noso mar, mediante proxeccións e exposicións". Tamén haberá contacontos, obradoiros e música.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL