O monumento en pedra de 3 toneladas e tres metros de altura colocarase na praza da Percibilleira.
O artista baionés, Manuel Quintas "O ferreiro" é o autor desta réplica que cederá ao concello e será exposta ao público o próximo 1 de setembro.
O artista canteiro Baionés, Manuel Quintas, ultima xa as últimas cinceladas da súa nova peza pétrea. Unha réplica da obra do arquitecto Palacios "La virgen de la Roca" que lucirá na praza do barrio baionés da Percibilleira, xusto no lugar onde volveu a emanar auga dunha antiga fonte que fora cegada polas obras da autoestrada do Val Miñor.
A inuaguración da peza será o próximo 1 de setembro, coincidindo coa festividade do monte, e na que Doña Filomena, nai do artista Manuel Quintas, fará de madriña do acto aos seus 88 anos de idade.
A peza duns 3 metros de altura foi realizada por Quintas, a golpe de cincel "domingos e festivos" no seu taller en Baiña. Sinala que a réplica é máis esbelta que a peza orixinal de 12 metros de altura, xa que ésta foi recortada e achatada no proceso de construcción respecto do proxecto orixinal de Palacios "por unha falta de presuposto".
Neste caso as mans e a cara da virxe están talladas en pedra, e non en mármore como as realizadas por Mariano Benlliure na peza orixinal de Palacios.
Colaboran nesta obra escultórica a Comunidade de montes de Baiona.