Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Xuizo por pintar un mural coa banderia estrelada no alto da Groba

Correo-e Imprimir PDF

Mural no bebedeiro do alto da Groba - Imaxe: Sermos GalizaManuel Caride, responsable comarcal do BNG en Vigo será xulgado por pintar un mural coas cores do país e a mensaxe “Galiza Nación” no alto da Groba no final dunha etapa da "Vuelta" ciclista en 2013 logo de ser multado pola Garda Civil.

O BNG convoca unha concentración de apoio o día 20 de marzo ás 10:45 horas diante do xulgado de Paz de Baiona durante a celebración do xuízo.

#Baiona abre a licitación 13 postos de venda na remodelada Praza de Abastos.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona abre a licitación tres carnicerías, sete peixerías, unha froitería , un posto de "delicatessen" e outro de produtos varios na remodelada Praza de abasto municipal. A administración local xa ten dispoñibles os pregos na web oficial do Concello de Baiona e poderanse presentar ofertas ata o vindeiro 17 de marzo.

O BNG presenta alegacións para incrementar as partidas sociais dos orzamentos 2014 de #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Os nacionalistas reclaman 15.000 euros para manter as Becas de Formación e incluír nesta partida axudas á música tradicional. Solicitan 28.000 euros para axudas a familias e institucións sen ánimo de lucro. Manter os 2.000 euros de achega ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade internacional. Todos estes, xa existentes nos orzamentos do exercicio 2013. Finalmente o BNG entende necesario destinar os 15.200 euros previstos para a Festa da 3ª Idade para axudas a persoas en situación de emerxencia social.

Belesar prepara o seu entroido máis tradicional

Correo-e Imprimir PDF

Os veciños e veciñas de Belsesar levan xa toda a semán de entroido. Os tradicionais mecos decoran dende o comezo da semán algúns puntos da parroquia baionesa.

A cita da festa será este sábado ás 16h con saída dende o torreiro Belesar para dar o percorrido pola parroquia e regresar ao torreiro onde agarda unha grande chocolatada.

#Baiona celebrará o desfile do #Entrodio e o Enterro da Sardiña nesta xornada de mércores.

Correo-e Imprimir PDF

A predición dunha mellora nas condicións meteorolóxicas para a tarde deste mércores 5 de marzo aumentan o optimismo para que podan ter lugar as actividades do Entroido de Baiona. Segundo comunica o Concello, o desfile das 15 comparsas inscritas terá lugar a partir das 16 horas e posteriormente o Enterro da Sardiña ás 19 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL