Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O PSOE de Baiona debateu o programa cara a construír “unha Europa das persoas e dos pobos”.

Correo-e Imprimir PDF

silva-lores-baiona-psoeOs socialistas de Baiona xuntáronse o pasado mércores para falar das propostas do PSOE para Europa. Diante dun nutrido grupo de militantes de Baiona Carmela Silva parlamentaria tenente alcalde de Vigo e Rafael Lores, secretario xeral de Baiona, salientaron a importancia destas eleccións para Europa, Galicia e Baiona. O paro a falla de inversións, a atención as persoas mais necesitadas e a necesidade de "construír unha Europa das persoas e dos pobos", centraron as intervencións.

#Sabarís xa vive a súa “Semana da Arte e o Viño”.

Correo-e Imprimir PDF

semana-arte-e-vinhoComo cada primavera, a Asociacións de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (COEMSA) organiza a Semana da Arte e o Viño que rematará o vindeiro domingo 27 de abril coa celebración do tradicional Mercado de Arte na Praza de Abastos.  Para esta edición anúnciase a posta en exposición e venta de máis de 400 pinturas e esculturas obra de 45 artistas. Como preludio do Mercado, durante toda esta semana terán  lugar diversas mostras de obras de arte nos comercios da zona, así como catas de viños en 16 espazos gastronómicos de Sabarís.

Baiona leva á aprobación final o seu PXOM sen o consenso do pleno.

Correo-e Imprimir PDF

O Burgo, BaionaO Pleno extraordinario deste martes en Baiona deu a súa aprobación final ao documento do PXOM cos votos dos 10 edís do PP e mais o voto do edil non adscrito Antonio Amorín (ex-UPyD).

O documento que será enviado á Xunta de Galicia para a súa aprobación final non acadou o consenso dos representantes do PSOE e o BNG.

EU Baiona fai público parte do PXOM de Baiona que se aprobará no pleno deste martes

Correo-e Imprimir PDF

Denuncian a reserva de chan para un campo de golf en BaredoEsquerda Unida Baiona fixo público o pasado venres parte da documentación do PXOM de Baiona que recibirá a aprobación final este martes pese a que o acceso ao documento para a cidadanía foi blindado por parte do concello.

O PSOE de Baiona denunciaba a pasada semán as grandes eivas do documento urbanístico así como a falta de transparencia e rapidez coa que se pretendía aprobar o PXOM logo de dez anos de tramitación.

O PXOM de Baiona será aprobado inicialmente o vindeiro martes, baixo ameazas de sancións

Correo-e Imprimir PDF

O campo de golf en Baredo pasa a ser realidade no novo documento.Os veciños de Baiona deberán agardar até despois da aprobación inicial para coñecer o documento urbanístico que será enviado á Xunta para a súa aprobación definitiva.

O PSOE denuncia que o futuro campo de golf na parroquia de Baredo susténtase únicamente cun informe da concesionaria de augas - Espina y Delfín e ante o descoñecemento da falta de rede de abastecemento de auga, por parte equipo redactor.

A alcaldía de Baiona prohibiu aos edís da oposición dar a coñecer públicamente o documento do PXOM así como a resolución das alegacións presentadas polos veciños. 

Ante as pegas plantexadas en diversos informes de organismos estatais e autonómicos, o equipo redactor afirmou que eses cambios e modificacións serán arranxados en futuros plans sectoriais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL