Os socialistas de Baiona xuntáronse o pasado mércores para falar das propostas do PSOE para Europa. Diante dun nutrido grupo de militantes de Baiona Carmela Silva parlamentaria tenente alcalde de Vigo e Rafael Lores, secretario xeral de Baiona, salientaron a importancia destas eleccións para Europa, Galicia e Baiona. O paro a falla de inversións, a atención as persoas mais necesitadas e a necesidade de "construír unha Europa das persoas e dos pobos", centraron as intervencións.