Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A parlamentaria do BNG Olaia Fernández repite en Baiona a súa charla sobre as consecuencias da reforma local

Correo-e Imprimir PDF

Deputada Olia Fernández Davila (BNG)A representante do BNG no Congreso de los Diputados afondará, tal e como fixo a pasada semán en Gondomar, na perda de competencias que a reforma prevé para os concellos de menos de 20 mil habitantes. Entre elas a posible diminución ou accesibilidade das asociacións locais para acceder a axudas e subvencións.

O BNG de Baiona realizará este venres, a partires das oito e cuarto da tarde, na Praza de Abastos de Baiona, unha charla informativa na que porán de manifesto as consecuencias da reforma local promovida dende o Partido Popular que segundo manifestan supún  un recorte e privatización dos servizos así como a "invasión" de competencias municipais en beneficio das deputacións.

Por “obsoleto” e “escaso” Baiona procede a cambiar o saneamento na Rúa Marqués de Quintanar.

Correo-e Imprimir PDF

marques-quintanarCo fin de solucionar os problemas producidos por unha rede de saneamento "deteriorado e envellecido", con canalizacións que se quedaron "obsoletas e escasas" para dar saída ás augas residuais e pluviais, o concello de Baiona anuncia que está levando a cabo un plan de substitución das mesmas. A obra, cuxo importe ascende ao redor dos 40.000 euros, conta cunha subvención da Consellaría de Presidencia da Xunta de Galicia.

Socialistas contrarios á suba da taxa do lixo que presentará no pleno o PP de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

pleno preferentes baiona abril 2013-O PSOE advirte que tampouco apoiará unha moción da maioría popular no pleno deste xoves, para subir as tarifas da auga e a rede de sumidoiros nun momento onde os efectos da crise e os recortes afectan con dureza á poboación.

A portavoz, Isabel Domínguez Quintas (PSOE) denuncia que non foi até este martes, 24 horas antes do sesión,  cando a alcaldía deu a coñecer que presentará unha moción co fin de incrementar nun 5,5% a taxa da recollida do lixo. Segundo a concelleira, o rexedor Jesús Vázquez Almuíña, o fixo sen levar a proposta á Comisión Informativa do Pleno.

EQUO convida ao alcalde de Baiona a aparcar o coche durante unha semana.

Correo-e Imprimir PDF

coches-baionaEn plena crise do transporte público na bisbarra, o partido EQUO Pontevedra instou este venres ao alcalde de Baiona a sumarse á campaña europea "Móvete por un aire máis limpo", que terá lugar desde o vindeiro 16 ao 22 de setembro. A mesma procura sensibilizar ás autoridades locais europeas a introducir medidas de transporte público sostible nas vilas e cidades, no canto de modificar hábitos de desprazamento e buscar alternativas ao vehículo privado.

EU pide a colocación de pasos de peóns sobreelevados na Avenida Foz do Miñor e e a retirada dos bolardos de pedra da Julián Valverde.

Correo-e Imprimir PDF

Atropelo mortal en Sabarís no ano 2012Esquerda Unida de Baiona amosa a súa preocupación polos xa varios os accidentes de tráfico e atropelos, "algúns deles con consecuencias irreparables" que se levan producido na Avenida Foz do Miñor "por condución a velocidades inadecuadas". Por mos disto, solicitan ao Concello de Baiona que faga as xestións oportunas para que se coloquen os redutores de velocidade coñecidos como paso peonil sobreelevado, nesa rúa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL