Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Aberta ao tráfico a PO-552 logo de permanecer pechada pola travesa dun garda raíl arrincado polo mar

Correo-e Imprimir PDF

O gardarail que foi arrastrado polo mar.O tráfico na estrada PO-552 en Baiona, a carretera da costa, foi reaberto despois do peche que sufriu á altura do Rompeolas, por mor dunha onda que arrastrou un gardarail, segundo ratificou o Ministro Rexional do Ambiente, Terra e Infraestruturas Agustín Hernández.

Maís de 1500 kilos de caramelos choverán na cabalgata de Reis en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Cabalgata Reis Magos BaionaO percorrido partirá ás 17h dende a rotonda da Urba. Ponte Romana en Sabarís e ás 18h dende Santa Marta.

En caso de choiva o percorrido acurtarase dende a rúa Carabela Pinta até o Pavillón de Deportes de Baiona.

A Concellería de Cultura de Baiona ten todo preparado para recibir as súas Maxestades os Reis Magos que chegarán a Real Vila subidos nas súas magníficas carrozas iluminadas.

 

Pecha a Oficina de Turismo de Baiona por 48 horas durante a fin de ano.

Correo-e Imprimir PDF

ofi turismo baiona-A caseta do Paseo Ribeira encargada da atención e asesoramento a turistas permanecerá cerrada os días 31 de decembro e 1 de xaneiro.

30 Pemes de Baiona beneficiaranse dun convenio para o desenvolvemento turístico local.

Correo-e Imprimir PDF

convenio-baiona-eoiO Concello de Baiona asinou este martes 17 de decembro un convenio coa Escuela de Organización Industrial (EOI) que permitirá destinar un orzamento de 200.000 euros cara o desenvolvemento e innovación do sector turístico local. O acordo coa EOI permitirá levar adiante diversas actividades e iniciativas de I+D+i (investigación, desenvolvemento e innovación) no sector das Pemes ca fin de mellorar a xestión turística e gañar en competitividade, segundo o expresado pola administración local.

Cerco policial en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

Fotografía da rotonda de Sabarís na madrugada de onte - Foto Alberto Pena

Máis de media ducia de coches policiais participaron onte nunha intensa persecución que finalizou na rotonda de Sabarís logo de que un coche saltase un control policial e fixese saltar todas as alarmas sobre a identidade do conductor.

Un individuo non fixo o alto nun control policíal en Vigo,  feito disparou todas as alarmas sobre a posibilidade de que se tratase de Saturnino Marco Cerezo "Canceliñas" o que provocou unha persecución policial na que, segundo a TVG, participaron axentes de Vigo, Nigrán e Baiona.

Un testigo durante o suceso relatou a esta redacción como varios coches seguían a un Peugeot 306 que entraba en Ramallosa por dirección contraria para rematar empotrado na rotonda de Sabarís, logo de que un coche policial o botara fóra da calzada. Unha actuación que sorprendeu a todos os presentes dada a magnitude do despliegue.

Finalmente o detido identificado non se trataba de "Canceliñas" se non dun conductor sen carnet.

As forzas de seguridade mateñen a búsqueda do citado fuxido sobre todo polo sur da provincia de Pontevedra.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL