Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona 30 Pemes de Baiona beneficiaranse dun convenio para o desenvolvemento turístico local.

30 Pemes de Baiona beneficiaranse dun convenio para o desenvolvemento turístico local.

Correo-e Imprimir PDF
convenio-baiona-eoi

O Concello de Baiona asinou este martes 17 de decembro un convenio coa Escuela de Organización Industrial (EOI) que permitirá destinar un orzamento de 200.000 euros cara o desenvolvemento e innovación do sector turístico local. O acordo coa EOI permitirá levar adiante diversas actividades e iniciativas de I+D+i (investigación, desenvolvemento e innovación) no sector das Pemes ca fin de mellorar a xestión turística e gañar en competitividade, segundo o expresado pola administración local.

O proxecto denominado "Impulso de la innovación y la competitividad de las Pymes del sector turístico en el municipio de Baiona ", beneficiará a 30 pequenas e medianas empresas locais que poderán acceder a un programa de obradoiros e consultorías no eido turístico.

Orzamento
Neste proxecto, 190.000 euros do finanzamento do proxecto provirán de fondos europeos a través da E.O.I e os restantes 10 mil euros estarán a cargo do Concello de Baiona.