Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Cerco policial en Sabarís

Cerco policial en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Fotografía da rotonda de Sabarís na madrugada de onte - Foto Alberto Pena

Máis de media ducia de coches policiais participaron onte nunha intensa persecución que finalizou na rotonda de Sabarís logo de que un coche saltase un control policial e fixese saltar todas as alarmas sobre a identidade do conductor.

Un individuo non fixo o alto nun control policíal en Vigo,  feito disparou todas as alarmas sobre a posibilidade de que se tratase de Saturnino Marco Cerezo "Canceliñas" o que provocou unha persecución policial na que, segundo a TVG, participaron axentes de Vigo, Nigrán e Baiona.

Un testigo durante o suceso relatou a esta redacción como varios coches seguían a un Peugeot 306 que entraba en Ramallosa por dirección contraria para rematar empotrado na rotonda de Sabarís, logo de que un coche policial o botara fóra da calzada. Unha actuación que sorprendeu a todos os presentes dada a magnitude do despliegue.

Finalmente o detido identificado non se trataba de "Canceliñas" se non dun conductor sen carnet.

As forzas de seguridade mateñen a búsqueda do citado fuxido sobre todo polo sur da provincia de Pontevedra.