Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona EU pide a colocación de pasos de peóns sobreelevados na Avenida Foz do Miñor e e a retirada dos bolardos de pedra da Julián Valverde.

EU pide a colocación de pasos de peóns sobreelevados na Avenida Foz do Miñor e e a retirada dos bolardos de pedra da Julián Valverde.

Correo-e Imprimir PDF
Atropelo mortal en Sabarís no ano 2012

Esquerda Unida de Baiona amosa a súa preocupación polos xa varios os accidentes de tráfico e atropelos, "algúns deles con consecuencias irreparables" que se levan producido na Avenida Foz do Miñor "por condución a velocidades inadecuadas". Por mos disto, solicitan ao Concello de Baiona que faga as xestións oportunas para que se coloquen os redutores de velocidade coñecidos como paso peonil sobreelevado, nesa rúa.

Argumentan esta solicitude no feito que "ven sendo cada vez máis necesaria polo continuo incremento de persoas que a cruzan para acceder ao paseo paralelo a ela. Ademais de ser unha mellora para a seguridade víal, xa que obrigaría aos vehículos a reducir a velocidade, tamén supón unha mellora para as persoas con mobilidade reducida".
Esquerda Unida lembra que existe unha normativa que regula a instalación destes pasos e indica as súas características, dado que proliferan os pasos de peóns elevados que non a cumpren. Así pois pídelle tamén ao Concello que revise os pasos existentes e realice as modificacións oportunas para adaptalos a esta normativa.
Por outra banda tamén denuncia os accidentes e caídas de persoas que están a provocar os pivotes de pedra colocados no borde da beirarrúa de Julián Valverde de Sabarís, recen humanizada, e que os "substitúa ou modifique para que deixen de constituír un perigo para os viandantes".