Un conductor de 83 anos perdeu hoxe o control do seu vehículo e empotrou inicialmente contra unha furgoneta e parte do mobiliario urbán de pedra da avenida interior de Sabarís.
O conductor, unha persoa de avanzada idade, ao volante dun BMW Serie 7 de considerables dimensións, incorporouse á avenida principal á altura da froitería, cando por causas descoñecidas colisionou contra unha fugoneta Renault Express que circulaba nese momento dirección Baiona. Foi nese momento no que o conductor do BMW acelerou ainda máis o vehículo levando por diante unha sinal de tráfico e un dos bancos de pedra maciza fixados no chan que adornan a avenida. Fontes no lugar apuntaba a un posible desvaimento do conductor.
O coche partiu o banco de pedra e desprazouno sete metros ao longo da beirarrúa en dúas metades, xusto no momento cando camiñaba un peón que puido esquivalo, xa que ía directo ás súas pernas, segundo declarou a vm.info.
A outra metade do banco terminou incrustrada baixo un coche aparcado, e o conductor conseguiu frear cincuenta metros máis adiante da colisión inicial.
Ata o lugar desprazouse unha unidade do 061 que quedaba atendendo ao conductor e á ocupante cando esta redacción marchaba do lugar.
VIDEO