Co fin de solucionar os problemas producidos por unha rede de saneamento "deteriorado e envellecido", con canalizacións que se quedaron "obsoletas e escasas" para dar saída ás augas residuais e pluviais, o concello de Baiona anuncia que está levando a cabo un plan de substitución das mesmas. A obra, cuxo importe ascende ao redor dos 40.000 euros, conta cunha subvención da Consellaría de Presidencia da Xunta de Galicia.
Estas actuacións centraranse os próximos días no tramo correspondente á vía pública de Marques de Quintanar situado entre o campo de fútbol do Aral e a Praza de Santa Liberata.
Desde o concello pídese desculpas aos afectados polos inconvenientes que a execución das obras poida causar. Por outra banda a administración asegura que trala intervención "mellorará a súa calidade de vida, e poñerá en valor a contorna do casco histórico".
Nun comunicado, o Concello de Baiona explica que o aumento de poboación unido á antigüidade da rede estaba provocando perdas de auga o que provocaba un deterioro na base do firme, ademais de malos cheiros na contorna, "un problema que coa substitución de tubaxes cun maior calibre das mesmas xunto á reposición do firme, ademais renovarase a sinalización que unido ao cambio do firme contribuirá a mellor a seguridade vial".