A predición dunha mellora nas condicións meteorolóxicas para a tarde deste mércores 5 de marzo aumentan o optimismo para que podan ter lugar as actividades do Entroido de Baiona. Segundo comunica o Concello, o desfile das 15 comparsas inscritas terá lugar a partir das 16 horas e posteriormente o Enterro da Sardiña ás 19 horas.
O desfile de comparsas está previsto que partirá ás 16 horas da praia de Santa Marta cara á Palma. Ás 19 horas dará comezo o Enterro da Sardiña na Praza do Concello que rematará coa tradicional procesión e queima do pez na praia Ribeira.