O Concello de Baiona abre a licitación tres carnicerías, sete peixerías, unha froitería , un posto de "delicatessen" e outro de produtos varios na remodelada Praza de abasto municipal. A administración local xa ten dispoñibles os pregos na web oficial do Concello de Baiona e poderanse presentar ofertas ata o vindeiro 17 de marzo.