Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Os colectores de residuos cheiran mal cando rematan os mercados de Baiona e Sabarís.

Os colectores de residuos cheiran mal cando rematan os mercados de Baiona e Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida denuncia os cheiros provenientes dos colectores de lixo próximos aos mercados de Sabarís e Baiona. A agrupación entende que a falla de colectores específicos para o vertido de residuos orgánicos é a causa do problema, pois os feirantes deben colocar o lixo nos colectores normais.

"Como os mercados pechan as 3 da tarde, é esta a hora en que se depositan", sinalan dende EU. A situación é peor nos días de verán o que provoca o descontento veciñal.
Desde EU solicitan ao Concello de Baiona que adopte as medidas necesarias "para evitar estas molestias, que a parte de ser molestas para os veciños, crean unha mala imaxe de Baiona de cara a súa promoción para o turismo".