Efectivos do GES de Val Miñor rescataron na noite do mércores a unha muller de 46 anos que caeu a un río cando paseaba por Sabarís.
A muller paseaba ás 22h horas do mércores preto dunha canle que separa o paseo do río en Sabarís segundo a información do 112. A señora paseaba pola beira do río no momento de producirse a caída. Tras o rescate, os servizos sanitarios de urxencia atenderon á muller no lugar do suceso. O 061 desprazou ao lugar un médico da PAC da zona e unha ambulancia asistencial que levou á muller ao hospital Povisa.