Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Un niño de avespa asiática ameaza catro casas na Medialdea de Belesar.

Correo-e Imprimir PDF

avespa1Un novo niño de avespa asiática ou velutina,  foi localizado nunha nogueira, preto do camiño Costa do Xenio no lugar da Medialdea en Belesar. O achado, de entre 40-50 cm de diámetro, foi comunicado ás autoridades do SEPRONA.  Segundo manifestaron os veciños a VM.info, de momento non se rexistraron incidentes nin danos a persoas, mais hai preocupación porque  as avespas atópanse preto dun conxunto de catro casas. De feito, un dos veciños consultados afirmou ter repelidos catro intentos de facer niños no tellado da súa casa, derrubándoos cunha máquina de auga a presión.

Baiona presenta o programa de actividades para o Día do Turista.

Correo-e Imprimir PDF

rozalenBaiona ofrecerá a veciños e visitantes un feixe de actividades con motivo do Día do Turista, a celebrarse o vindeiro venres 22 de agosto. A primeira dará comezo ás 10 da mañá cunha visita guiada pola vila e que partirá da Oficina de Turismo. Paralelamente ás 10:30 horas no campo do Aral terá lugar un torneo de fútbol-7 . No resto da xornada terán lugar brincadeiras e obradoiros para os cativos, un paseo marítimo, a actuación de Rozalén e unha queimada na praza do concello que pechará as actividades do día.

Baiona ten opcións a remunicipalizar o seu servizo de agua. Deberían facelo todos os concellos? Aquí os datos.

Correo-e Imprimir PDF

beb augaSegundo a petición lanzada onte por Esquerda Unida, Baiona rematou en xuño co contrato privado coa empresa Espina y Delfín para o abastecemento de auga potable no municipio, un servizo que según EU debe ser remunicipalizado segundo os datos do estudo do Tribunal de Contas que sinala que o servizo é un 10% máis caro cando se presta por concesión privada, que cando a xestión é pública.

Pero as diferencias non só están nese 10% do servizo, a súa privatización esconde unha letra miuda sobre as grandes empresas que están adquirindo dereitos e fancéndose donas dun ben común de primeira necesidade que escasea e que xa foi bautizado como o "ouro azul". A agua.

O servizo público de augas de cidades e vilas do noso país estase convertendo nun negocio para as multinacionais. A única prexudicada, como sempre, a cidadanía. Ademais este tipo de concesións converteuse nun niño común para a corrupción política. PP, PSOE, CIU, UPN son partidos que avogan pola privatización dos sistemas públicos de auga. Pero cal é a situación actual?

EU solicita ao Concello de Baiona a remuncipalización do servizo de abastecemento de auga.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida solicita ao concello de Baiona a remunicipalización do servizo de abastecemento do auga, unha vez rematado o contrato do servizo abastecemento e saneamento de auga de Baiona, o pasado mes de xuño. O coordinador local, Silvano Montes, estima que o abastecemento de auga a cidadanía “é un dereito esencial da veciñanza, que non pode quedar en mans dunha empresa privada”.

O círculo Podemos de Baiona ten o seu primeiro atranco co Concello antes do lanzamento.

Correo-e Imprimir PDF

O promotores do círculo Podemos de Baiona fixan para o 18 de agosto ás 20:00horas a súa primeira asemblea. O fan tras denunciar nun comunicado que a mesma postergouse durante un mes por mor de que o Concello de Baiona púxolles atrancos na cesión dun local. Finalmente esta mañá foron comunicados pola administración local que contarán coa sala multiusos Ánxel Bedriñana localizada no baixo da Praza de Abastos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL