Esquerda Unida solicita ao concello de Baiona a remunicipalización do servizo de abastecemento do auga, unha vez rematado o contrato do servizo abastecemento e saneamento de auga de Baiona, o pasado mes de xuño. O coordinador local, Silvano Montes, estima que o abastecemento de auga a cidadanía “é un dereito esencial da veciñanza, que non pode quedar en mans dunha empresa privada”.
Engade que outra das razóns polas que a súa agrupación solicita a remunicipalización do servizo de abastecemento e saneamento de auga, é que segundo un estudo do Tribunal de Contas, o servizo de abastecemento domiciliario de auga potable, é un 10% mais caro cando se presta por concesión que por xestión directa para concellos do tamaño de Baiona. “A isto hai que sumarlle que, segundo ese mesmo estudo, as perdas de auga cando se resta por concesión son un 30% maiores que cando se presta por xestión directa”, sinala.
Esquerda Unida solicita que a administración local faga público o estudo económico que está a facer, e “que segundo o alcalde, vaise a basear a decisión que tome o Concello”.