Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O Círculo Podemos Baiona convoca asemblea e instrumenta un “buzón cidadán” para recoller iniciativas .

Correo-e Imprimir PDF

1907806 1491873374392470 4128195960905610103 nUn informe preparatorio da Asemblea Cidadá estatal a celebrarse a próxima semana en Madrid, o debate de ideas achegadas nun "buzón cidadán" e aspectos organizativos locais centrarán a orde do día da asemblea do círculo Podemos de Baiona. A mesma terá lugar o venres 10 de outubro na sala Multiusos Ángel Bedriñana situada no baixo da Praza de Abasto (Rúa Carabela A Pinta) ás 20 horas.

Socialistas acusan ao PP de non consensuar coa comunidade educativa de Baiona as FP básicas.

Correo-e Imprimir PDF

A situación xerada coa implantación dos ciclos básicos de FP de Electricidade e Electrónica no IES 1º de Marzo "preocupa" á agrupación socialista de Baiona. A imposición desta especialidade de FP ao centro pola Xunta de Galicia está a traer graves problemas pola ausencia de infraestruturas adecuadas para atendelo. Nomeadamente a carencia dun laboratorio específico para o seu ensino. Os socialistas entenden que a resolución foi tomada polo goberno autonómico sen consultar á comunidade educativa de Baiona. Tamén sinalan ao gobernante PP no municipio "que dende o Concello non di nada e non defende os intereses dos seus veciños".

O BNG convoca unha asemblea aberta na Praza de Abastos de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

O BNG en Baiona convoca a unha asemblea aberta para veciños de Baiona a celebrarse vindeiro xoves 25 de setembro ás 20:30 horas, na Praza de Abastos da vila. A agrupación nacionalista sinala a súa intención xerar unha instancia de “ interlocución directa con aquelas persoas que desexen achegar propostas e críticas para que a alternativa real que constitúe o BNG fronte aos partidos que non queren mudar as regras de xogo, ou facelo no seu propio beneficio, non só siga sendo referente senón que se fortaleza no panorama político baionés”.

Municipais 2015: O candidato do PSOE de Baiona se coñecerá en outubro tras primarias abertas.

Correo-e Imprimir PDF

rafa loresO PSOE de Baiona inicia o proceso das "primarias" para a elección do candidatos cara as municipais de 2015. Decidido na executiva da semana pasada, o sábado 20 tivo lugar o nomeamento do Comité de Garantías que velará polo bo desenvolvemento do proceso. Corpo de militantes que estará composto por persoas alleas á Executiva local, segundo un comunicado oficial da mesma. A agrupación, deu a coñecer o calendario destas primarias que rematarán coa proclamación do candidato o próximo venres 24 de outubro. "O proceso está aberto a todos e todas as militantes socialistas e simpatizantes progresistas" de Baiona, salientou Rafael Lores, secretario xeral do PSOE de Baiona

As augas fecais retornan á superficie no camiño do Ferreiro en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

As augas fecais rebosando no camiño do FerreiroUnha alcantarilla situada no camiño do Ferreiro en Sabarís segue retornando as augas fecais producindo malos cheiros e esparcindo excrementos na superficie.

O problema repítese neste punto dende que remataron as obras de humanización da Avda. Julián Valverde, un problema que técnicos e concello aseguraron quedara resolto o ano pasado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL