Un informe preparatorio da Asemblea Cidadá estatal a celebrarse a próxima semana en Madrid, o debate de ideas achegadas nun "buzón cidadán" e aspectos organizativos locais centrarán a orde do día da asemblea do círculo Podemos de Baiona. A mesma terá lugar o venres 10 de outubro na sala Multiusos Ángel Bedriñana situada no baixo da Praza de Abasto (Rúa Carabela A Pinta) ás 20 horas.
Segundo o comunicado polos promotores do Círculo Podemos de Baiona, a orde do día dará comezo cunha explicación do funcionamento asembleario e a lectura dun resumo das 50 ideas centrais de Podemos. De seguido abordarase un informe relativo á participación na Asemblea estatal da formación que terá lugar os días 18, 19 e 20 deste mes en Madrid.
A continuación se dará lectura a unha serie de ideas e propostas en materia municipal e organizativas depositadas nun "buzón cidadán" no que os asistentes á asemblea informativa do pasado mes de agosto deixaron no mesmo. Trala mesma se procesará un debate.
Segundo explican dende o círculo, o "buzón cidadán" é un sistema de recollida de ideas e propostas "do pobo". Neste caso, consta dunha caixa que rolou na asemblea de agosto, cando foi a presentación. Adianta que están na procura de abrir o buzón usando as novas tecnoloxías, e permitir o acceso á mesma dende correos electrónicos ou mensaxes a través das redes socias.