Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O círculo Podemos de Baiona ten o seu primeiro atranco co Concello antes do lanzamento.

O círculo Podemos de Baiona ten o seu primeiro atranco co Concello antes do lanzamento.

Correo-e Imprimir PDF

O promotores do círculo Podemos de Baiona fixan para o 18 de agosto ás 20:00horas a súa primeira asemblea. O fan tras denunciar nun comunicado que a mesma postergouse durante un mes por mor de que o Concello de Baiona púxolles atrancos na cesión dun local. Finalmente esta mañá foron comunicados pola administración local que contarán coa sala multiusos Ánxel Bedriñana localizada no baixo da Praza de Abastos.

Denuncian falla de "previsión, coordinación e interese" do Concello
Os promotores do círculo informan que solicitaron a sala a través de tres escritos, "acudindo alí persoalmente e falando cos técnicos". Engaden que tiñan unha data provisional do día 13 de xullo a partir da cal as obras que se están a facer na devandita sala estarían rematadas. Co cal programaron a presentación do círculo Podemos Baiona para o pasado 19 de xullo. "Sen embargo, as obras retrasáronse e non puidemos disfrutar das instalacións polo que a presentación tivo que ser anulada", sinalan.
"Dende o concello non nos proporcionaron ningunha sala alternativa e o seu deber é por o alcance de todalas persoas os medios necesarios para disfrutar dos recursos que dispón a nosa localidade en igualdade de condicións", afirman dende Podemos Baiona.
"Comezamos a buscar outras opcións como espazos dependentes da Xunta coma a Casa da 3ª Idade, a Biblioteca Municipal o CEIP Covaterreña ou o CEIP de Sabarís. Sen embargo, o director do centro de maiores atopábase de vacacións, a Biblioteca pecha as fins de semana e as escolas non teñen conserxe que nos puidera abrir". Matizan que fai tres semanas realizouse un acto no CEIP Covaterreña organizado polo SEPE (Servizo Público de Emprego) no que tamén atopábase o técnico de emprego municipal
"Mentres, seguimos de preto as mencionadas obras a través de diversas chamadas as concellerías de urbanismo e cultura no que en cada chamada o discurso era diferente. Asemesmo, aínda non temos resposta por escrito. Hoxe, a día 6 de Agosto, por fin concédenos ditas instalacións para o 18 de este mes as 20:00 h."
Os promotores do círculo acusan ás autoridades municipais de falta de interese "na poboación residente en Baiona, e a pouca atención que se lle brinda é escasa e deficitaria (Consecuencia da falta de vontade política). Feito que contrasta enormemente co amplo protagonismo que se lle da o turista".