Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Municipais 2015: O candidato do PSOE de Baiona se coñecerá en outubro tras primarias abertas.

Municipais 2015: O candidato do PSOE de Baiona se coñecerá en outubro tras primarias abertas.

Correo-e Imprimir PDF
rafa lores

O PSOE de Baiona inicia o proceso das "primarias" para a elección do candidatos cara as municipais de 2015. Decidido na executiva da semana pasada, o sábado 20 tivo lugar o nomeamento do Comité de Garantías que velará polo bo desenvolvemento do proceso. Corpo de militantes que estará composto por persoas alleas á Executiva local, segundo un comunicado oficial da mesma. A agrupación, deu a coñecer o calendario destas primarias que rematarán coa proclamación do candidato o próximo venres 24 de outubro. "O proceso está aberto a todos e todas as militantes socialistas e simpatizantes progresistas" de Baiona, salientou Rafael Lores, secretario xeral do PSOE de Baiona

.
A Executiva Local Socialista trasladou esta proposta da semana pasada á asemblea nunha decisión inédita e a que non estaba obrigada nos estatutos do PSOE. "Esta convocatoria de Primarias abertas é un paso importante que consolida e agora reforza a práctica de participación dos simpatizantes que víñase realizando na nosa Agrupación Local dende fai anos", salienta Rafael Lores.
O 24 de outubro se coñecerá ao candidato á alcaldía.
A partir deste luns e ata o luns 6 de outubro terá lugar a presentación de candidatos, os que deberán contar co aval do 20% dos militantes inscritos. O día 7 de outubro terá lugar a verificación dos avais e abrirase un período para presentar recursos ata o 11 de outubro. Día no que se fará a proclamación definitiva dos candidatos e dará comezo un período interno de campaña ata o día 18 dese mes. O día domingo 19 de outubro a asemblea votará aos candidatos que tras outro período para presentar recursos, o venres 24 se coñecerá ao cabeza de lista dos socialistas para as municipais.