Venres, 22 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona #Baiona: Detectan un centenar de condutores baixo os efectos do alcohol ou as drogas durante a Arribada.

#Baiona: Detectan un centenar de condutores baixo os efectos do alcohol ou as drogas durante a Arribada.

Correo-e Imprimir PDF
coche Guardia Civil

Controis da Garda Civil detectan 71 condutores conducindo baixo os efectos do alcol e 23 baixo os efectos de drogas durante as festas da Arribada. Dous casos de alcoholemia foron detectados tras accidentarse os condutores.

Durante a festa da Arribada, desenvolvéronse máis de 1400 test selectivos de drogas e alcohol en Baiona e estradas de acceso. Deles 71 arroxaron resultado positivo en alcoholemia ( en dous casos tras accidentarse os condutores) e 23 positivos nos controis de droga, segundo datos aportados pola Agrupación de Tráfico da Guarda Civil de Pontevedra . Salientan que a substancia máis consumida foi o cannabis, entre as drogas detectadas.
As probas de alcohol e drogas realizáronse tanto en horario nocturno, como en horas diúrnas con obxectivos disuasorios de inxestión de bebidas alcohólicas ou drogas, sinala o organismo de seguridade.