Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Derrúbase parte do paseo fluvial do Río Fraga en Baredo.

Derrúbase parte do paseo fluvial do Río Fraga en Baredo.

Correo-e Imprimir PDF
derrube-lores-baredo-paseo
derrube-paseo-baredo
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O PSOE baionés acusa ao goberno municipal de "falta de sensibilidade e de responsabilidade" por deixar no abandono este paseo fluvial ás beiras do Río Fraga, na parroquia de Baredo. Denuncian concretamente o derrube da ponte e pasarela a carón do paso do Camiño Portugués pola Costa. Desfeita que advirten, esténdese no resto do traxecto onde a madeira amosa falla de mantemento, superficies podres ou escorregadizas, que poden provocar accidentes aos viandantes.


"Esta totalmente destruído e se non o remedian, o resto vai rematar no chan", advirte Rafael Lores Rosal, actual candidato á alcaldía polos socialistas. "A ausencia de mantemento está a provocar a desfeita de esa inversión que é importante para a parroquia, que pon en valor a riqueza natural e cultural de Baredo e que coincide co paso do Camiño Portugués pola Costa", engade.
Esta senda fluvial de 760m de lonxitude, discorre a través dunha pasarela de madeira, dende a que se observan oito muíños, dos cales tres están rehabilitados. Orixinalmente contaban con paneis informativos nos que podía lerse os nomes de cada un : o muíño do Barreiro, Da Maquía, O Pinicho, A Foupa, A Torre, O Cogulado de arriba, O Cogulado do Medio e O Cogulado de Baixo.
Ata alí desprazouse Lores con outros membros da agrupación socialista alertados por veciños da zona. "Non podemos permitirnos que o diñeiro de todos os contribuíntes remate nunha escombreira", sinalaba Lores trala visita.
Adianta que dende o Partido Socialista reclamarán á administración popular "máis atención ao noso patrimonio cultural e natural, como elemento esencial da nosa identidade e imprescindible para garantir o futuro do noso concello".
"É unha hipocrisía estar a anunciar proxectos e investimentos de dubidosa viabilidade e por outro lado deixar que se deteriore o que temos", afirma.