Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Socialistas apoian a suspensión do traslado da puxa á lonxa de Vigo por parte da confraría La Anunciada.

Socialistas apoian a suspensión do traslado da puxa á lonxa de Vigo por parte da confraría La Anunciada.

Correo-e Imprimir PDF
lonxa-baiona-fora

Os Socialistas de Baiona apoian a decisión da confraría La Anunciada de Baiona de suspender o traslado da poxa de produtos a Vigo. Tras algúns meses nos que salientan que "había entre os veciños e diferentes sectores de empresarios do pobo unha gran preocupación pola perda deste servizo", os socialistas opinan que é unha "boa noticia" o anuncio da suspensión por parte da lonxa.


A medida de manter o servizo foi tomada por unanimidade dos membros da confraría, tras observar un repunte importante das ventas e prezos nos últimos meses, segundo deu a coñecer Susana González, patroa maior, en nota de La Voz de Galicia.
"Tra as inversións realizadas nos últimos anos no sector, implantación do programa Pesca de Rías, reformas na lonxa, no peirao, etc é unha pena que todo isto quedara para uso practicamente residual", salientaba Rafael Lores, candidato dos socialistas á alcaldía de Baiona. Segundo Rafael Lores, este aprazamento debería servir para que dende a administración local "se tome en serio a un sector tan importante para a economía de Baiona. Non podemos ser meros espectadores do desmantelamento da pesca."
Advirte que é necesaria a coordinación entre os diferentes organismos, e sobre todo entre Confraría, Concello e forzas de seguridade, "xa que o aproveitamento racional dos recursos é necesario para garantir a viabilidade do sector. Nos pobos onde se está dando esta colaboración e as administracións están comprometidas, o sector está superando estes momentos complicados, e aumentado facturación", asegura.