Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Incautan droga e o caderno de “venta” nun local do casco vello de Baiona.

Incautan droga e o caderno de “venta” nun local do casco vello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
coche Guardia Civil

Non só caeu a droga agochada no local, tamén o caderno onde o propietario facía anotacións de supostas débedas e compra de sustancias estupefacientes dos clientes. O operativo tivo lugar a pasada fin de semana, segundo da conta a Garda Civil. Durante a revisión se incautou, nun peto do propietario do local, un anaco de hachís, na caixa registradora e debaixo da mesma unha papelina de cocaína e máis hachís así como o devandito caderno de anotacións e 3.000 euros en billetes fraccionados.


Continuando co rexistro, e xa na cociña do local, localizouse unha báscula de precisión, dúas papelinas máis de cocaína e varias belotas de hachís, así como pastillas e numerosos recortes de bolsas de plástico, supostamente, para a venda da droga, sinala o informe do corpo de seguridade.
Imputación e incautación da droga
Por todo iso procedeuse á incautación da droga e utensilios, así como á imputación do propietario do local, identificado coas iniciais D.A.T., de 40 anos de idade e veciño de Vigo, como suposto autor dun delito contra a saúde pública. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución número sete de Vigo, onde terá que presentarse o imputado cando para iso sexa requirido.
Máis operativos no Val Miñor
O operativo tivo lugar no marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para a erradicación do tráfico de estupefacientes a pequena escala nos lugares de lecer. Ase mesmo, este pasado fin de semana, compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigran e de Gondomar, realizaron inspeccións en distintos locais destas localidades que se saldaron con varias denuncias administrativas, segundo da conta o Ministerio del Interior.