Mércores, 12 Aug. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Tráfico intensificará os test de drogas a condutores no Nadal ante o alto índice de positivos na provincia.

Tráfico intensificará os test de drogas a condutores no Nadal ante o alto índice de positivos na provincia.

Correo-e Imprimir PDF
Control-DROGAS-ALCOHO-DGT

O 53% dos controles de droga feitos a condutores por Tráfico deron positivo na provincia de Pontevedra. Das 706 probas de drogas selecitivas feitas pola Garda Civil de Tráfico no que vai do ano, 372 resultaron positivas revela un informe emitido este mércores.

Tráfico advirte que intensificará os controis selectivos con test de alcoholemia e droga nestas datas de Nadal.

O informe presentado este mércores polo Subsector de Tráfico engade que aínda que as probas de alcoholemia feitas conxuntamente deron resultados negativos, os test de drogas si presentaban signos externos de ter inxeridos algún tipo de substancia no 53% do total dos casos.

Por tipos de substancias detectadas, destacan as cocaínas con 219 casos, séguenlle o cannabis (172), os opioides (124), as anfetaminas (41) e as metanfetaminas (34). Dos resultados obtidos ponse de manifesto que moitos dos condutores deron positivo en máis dunha sustancia á vez, salienta o informe.

As probas de alcohol e drogas realizáronse tanto en horario nocturno, como en horas diúrnas, “co fin de que os controis fosen disuasorios para evitar a inxestión de bebidas alcohólicas ou drogas”, sinalan dende Tráfico.

Estes test selectivos tiveron lugar en diversas estradas da provincia, polos destacamentos de Pontevedra, Vilaboa, O Porriño e Lalín.

Intensificarán os controis no Nadal

Os responsables de Tráfico advirten que “como xa vén sendo habitual”, intensificarán os controis de alcohol e drogas  nestas datas “en todo tipo de estradas, e a todos os condutores co obxectivo de disuadilos de conducir cando consuman este tipo de substancias”.

Consellos

Con estas advertencias, a Garda Civil de Tráfico pretende sensibilizar aos condutores e crear unha maior concienciación “de que non soamente o alcohol e a condución é un binomio perigoso, senón que tamén as drogas e a condución son en moitas ocasións sinónimo de morte”.

Afirman que está demostrada a relación entre consumo de alcohol ou drogas, ata en baixas concentracións e a redución da capacidade de condución que se reflicte no deterioro da atención, das funcións visual e auditiva, perturbacións no campo perceptivo, cansazo, somnolencia ou fatiga muscular e os accidentes de circulación.

Durante estes meses nos que as festas familiares e as celebracións son algo frecuente, os efectivos da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra pretenden transmitir aos condutores que “un dos obxectivos primordiais do seu labor é procurar que ningún condutor  vexa minguadas as súas facultades para conducir”. Neste senso salientan que “é importante a colaboración dos familiares e amigos” para impedir que esta persoa póñase ao volante.

Sancións

Recórdase, tamén, que a sanción por conducir con drogas no organismo é de 1000 euros ademais de 6 puntos menos no carné, podendo chegar ata a ser tipificado como delito, dependendo da sintomatoloxía ou si vese involucrado nun accidente.