Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O paro cae máis dun 13% en Baiona, pero aínda o 11% da súa poboación activa está desempregada.

Correo-e Imprimir PDF
Baiona ocupa o 2º lugar nos concellos onde máis baixou o paro en xullo na área de Vigo.

930 persoas figuran como demandante de traballo ao 31 de xuño no Concello de Baiona. Unha cifra que representa case o 11% da súa poboación activa. Nembargante, o "efecto verán" trouxo un descenso de máis de 13 puntos de porcentaxe - tomando as contratacións feitas entre xuño e xullo- en relación á situación no mes de maio. Son 140 traballadores que abandonaron os rexistros do paro, dos cales 36 ingresan por primeira vez ao mercado laboral.

Rescatada unha embarcación semiafundida en Cabo Silleiro

Correo-e Imprimir PDF

A embarcación atopábase abandoada á derivaSalvamento Marítimo remolcou até Baiona (Pontevedra) unha embarcación que apareceu semi afundida e abandoada a tres millas ao oeste de Cabo Silleiro. A embarcación foi atopada por un transatlántico que partiu onte domingo pola tarde dende Vigo.

A embarcación 'Gavela', que así se chamaba, ten oito metros de eslora e motor.  Atopábase soa e sen tripulación según informou Salvamento Marítimo. A embarcación foi finalmente remolcada até o porto de Baiona.

Coa inauguración da Rúa Carabela La Pinta a Xunta leva invertidos 4.7 millóns en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Jesús Vázquez e o conselleiro Javier Guerra inauguran as reformas da Rúa Carabela La Pinta en Baiona.

O alcalde Jesús Vázquez Almuíña acompañado polo conselleiro de Económía e Industria Javier Guerra inauguraron hoxe as reformas da Rúa Carabela La Pinta de Baiona. Guerra lembrou que a Consellería ten investido preto de 4,7 millóns de euros na dinamización empresarial e comercial do concello, así como na mellora dos seus servizos e mais na creación de emprego, a través do plan Ágora - Agora re-Comercia da Xunta de Galicia.

O Concello de Baiona inaugura oficialmente a nova Rúa Carabela La Pinta este martes ás 13 horas.

Correo-e Imprimir PDF

Infografía das obras da rúa Carabela PintaFinalmente, e dous meses despois da súa data oficial de remate, as obras na Rúa Carabela Pinta serán inauguradas mañá 2 de agosto, ás 13 horas polo Concello de Baiona. Ademais das autoridades locais, o acto contará coa presenza do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, a directora xeral de Comercio Nava Castro Domínguez e mais a delegada da Xunta en Vigo Lucía Molares.

O BNG denuncia a privatización do centro de día de Baiona e a redución á metade das prazas iniciais

Correo-e Imprimir PDF

Ana María Rodríguez, portavoz local do BNG, durante a rolda de prensaO portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, acusou este mércores á Xunta de "privatizar" catro novos centros de día que se abrirán en Vigo, Cuntis, Baiona e Vilagarcía de Arousa e que, segundo sinalou o nacionalista, porán en funcionamento unicamente "a metade" das súas prazas.

O centro de día de Baiona quedarase con 19 prazas menos das iniciais que ascendían a 40, algo que o BNG considera insuficiente para Baiona.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL