Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O paro cae máis dun 13% en Baiona, pero aínda o 11% da súa poboación activa está desempregada.

O paro cae máis dun 13% en Baiona, pero aínda o 11% da súa poboación activa está desempregada.

Correo-e Imprimir PDF
Baiona ocupa o 2º lugar nos concellos onde máis baixou o paro en xullo na área de Vigo.

930 persoas figuran como demandante de traballo ao 31 de xuño no Concello de Baiona. Unha cifra que representa case o 11% da súa poboación activa. Nembargante, o "efecto verán" trouxo un descenso de máis de 13 puntos de porcentaxe - tomando as contratacións feitas entre xuño e xullo- en relación á situación no mes de maio. Son 140 traballadores que abandonaron os rexistros do paro, dos cales 36 ingresan por primeira vez ao mercado laboral.

A cifras ofrecidas pola Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia, aseguran que en Baiona o desemprego caeu 10.58% en xullo, cando a media desta caída no mesmo mes rexistrou na área de Vigo un 8,56%, na provincia de Pontevedra o 7,47%, o índice da autonomía estivo no 6,30% e a española nun 1,02%.

A baixa estacional do desemprego repercutiu maioritariamente no sector servizos, onde figuran 76 parados menos que no mes de maio. A cifra de desempregados neste sector era de 571 en maio e pasou a 497 en xullo, unha redución próxima ao 12,96%. Pero o sector que porcentualmente rexistrou o maior descenso en territorio baionés, foi o dos demandantes de emprego por primeira vez, cun 20,93% (36 persoas) con relación ao mes de maio deste ano.

Das 140 baixas rexistradas pola tempada estival para empadroados en Baiona, corresponden 17 ao sector construción, 8 a industria, 5 a gandería e agricultura, 76 a servizos e 36 a persoas demandantes de emprego por primeira vez.

Con relación aos 930 desempregados rexistrados ao 31 de xullo, hai 470 mulleres e 460 homes. Tomando en conta os 1070 demandantes de emprego rexistrados a maio de 2011, a baixa da tempada estival representa unha caída do 13,08% das persoas sen traballo empadroadas no concello. Con relación aos dous anos anteriores, a repercusión do verán na diminución do desemprego no municipio foi menor, xa que en 2009 o binomio xuño - xullo representou unha caída do 15,08% e en 2010 do 19,01%.