Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Homenaxe en Baiona no 75 aniversario dos asasinatos na Volta dos Nove.

Correo-e Imprimir PDF
Monumento de Fernando Casás aos nove asasinados en Baredo en 1936.

A Comisión de familiares "Volta dos Nove" e o Instituto de Estudos Miñoranos realizarán o próximo sábado 15 de outubro, ás 13h, unha ofrenda floral en memoria dos nove veciños do Val Miñor asasinados na noite daquela xornada de 1936 en Baredo. A homenaxe terá lugar fronte ao monumento ideado polo artista Fernando Casás instalado en 2005 para perpetuar a memoria das vítimas.

Multitudinaria marcha en defensa do cabalo ceibe e contra o microchip percorre Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

non_ao_microchipUnha multitude de persoas a pé e a cabalo manifestouse en Baiona en contra da obrigatoriedade da colocación dun microchip aos cabalos ceibes do monte. Un manifesto lido pola Asociación de Propietarios de Cabalos do Monte da Groba reclamou á Xunta de Galicia a aplicación da excepción da normativa europea que habilita a manter as marcas e rexistros tradicionais nos casos de animais que viven en condición salvaxe. A marcha partiu sobre o medio día deste mércores 12 de outubro dende o Camping da Ladeira ata a Virxe da Rocha, pasando pola fronte marítima de Baiona.

A Praza de Abastos de Baiona acolle o polémico “Espacio Joven” anunciado durante a campaña electoral.

Correo-e Imprimir PDF
Xa está en funcionamento o polémico

Finalmente o alcalde Jesús Almuíña pon en funcionamento o “Espacio Joven”, na planta baixa da Praza de Abasto de Baiona. A iniciativa, presentada como cumprimento dunha “promesa” electoral do seu goberno, conta con material informático, xogos de ordenador e conexión gratuíta a Internet. Ademais os usuarios disporán de mesas de billar, futbolín, dardos, consolas, xogos de mesa e outros elementos destinados a ocupar o tempo libre. Esta “promesa”, daquela, valeulle ao alcalde a suspensión dun acto coa mocidade por parte da Xunta Electoral a que entendeu que constituía unha violación da normativa por utilizar unha acción de goberno a prol dunha candidatura o que está expresamente prohibido.

O consumo mínimo de auga baixa a 30m3 trimestrais para os veciños de Baiona a partir de xaneiro.

Correo-e Imprimir PDF

Na reunión desta mañá participaron as asociacións de Amas de Casa y Viudas de Baiona, CAHIBA y ACEBA

O posible incremento das facturas da auga poñen en alerta a veciños e empresarios de Baiona. A redución a metade dos consumos mínimos foi anunciada esta mañá polo alcalde popular Jesús Vázquez Almuiña. A posta en marcha da Ordenanza Fiscal nº12, promovida pola administración municipal, fixa para o uso doméstico un mínimo trimestral de 30m3, uns 10m3 ao mes. No caso do uso industrial, comercial, de obra e hostaleiro pasará aos 60m3 trimestrais, 20m3 ao mes. Sendo ata de agora, de 120m3 trimestrais para comerciantes e industriais e de 195m3 para hostaleiros.

Baiona advirte da realización de obras na Rúa Carabela la Pinta que interferirán co tráfico rodado

Correo-e Imprimir PDF

ra_carabela_la_pintaA Rúa Carabela La Pinta, no tramo comprendido entre a Rúa Cidade de Vigo e a Glorieta de Colón será, a partir de mañá, obxectivo dunha obra coa que se pretende mellorar a recollida e posterior evacuación de augas pluviais en toda esta zona, por parte do municipio.Segundo as previsións da empresa Xestión Ambiental, executora das obras, contempla un período de dúas semanas para finalizar as mesmas. Aínda que se permite a circulación pola citada rúa, co obxectivo de minimizar as molestias aos usuarios e veciños desta céntrica rúa, pídese aos condutores, de parte do Concello de Baiona, que eviten circular por este tramo, así como estacionar os vehículos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL