Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Praza de Abastos de Baiona acolle o polémico “Espacio Joven” anunciado durante a campaña electoral.

A Praza de Abastos de Baiona acolle o polémico “Espacio Joven” anunciado durante a campaña electoral.

Correo-e Imprimir PDF
Xa está en funcionamento o polémico

Finalmente o alcalde Jesús Almuíña pon en funcionamento o “Espacio Joven”, na planta baixa da Praza de Abasto de Baiona. A iniciativa, presentada como cumprimento dunha “promesa” electoral do seu goberno, conta con material informático, xogos de ordenador e conexión gratuíta a Internet. Ademais os usuarios disporán de mesas de billar, futbolín, dardos, consolas, xogos de mesa e outros elementos destinados a ocupar o tempo libre. Esta “promesa”, daquela, valeulle ao alcalde a suspensión dun acto coa mocidade por parte da Xunta Electoral a que entendeu que constituía unha violación da normativa por utilizar unha acción de goberno a prol dunha candidatura o que está expresamente prohibido.

No mes de abril, en plena campaña electoral, socialistas e nacionalistas denunciaron á Xunta Electoral que o devandito acto para anunciar o “Espazo Joven”, fora comunicado a través de mensaxes de correo electrónico enviados dende ordenadores do Concello e carteis colgados por persoal municipal. Seis meses despois, o goberno municipal anuncia que o “Espacio Joven “xa está dispoñible en horario da mañá e tarde de martes a sábado. A Concellería de Xuventude que dirixe María Iglesias, será a encargada de achegar contidos e actividades ás instalacións que foron preparadas por integrantes do Obradoiro de Emprego Erizana.