Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O BNG proporá baixar á metade as retribucións a cambio de retomar a mensualidade dos plenos.

Correo-e Imprimir PDF

xose_enrique_bngO concelleiro do BNG Xosé Enrique Fernández oferta ao alcalde Almuíña baixar a percepcións por asistencia aos plenos e comisións a metade, sempre e cando retome os plenos mensuais. O concelleiro nacionalista desafía ao rexedor baionés a que modifique a súa resolución do último pleno pola que reduciu estas cesións a 5 no ano, supostamente para aforrar cartos.

Co descontento da oposición Almuíña reduce a cinco o número anual de plenos ordinarios en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

concello_baionaBaiona só terá plenos municipais ordinarios nos meses pares. Así o decidiu a maioría de 10 concelleiros do PP liderada por Jesús Vázquez Almuíña esta mañá no primeiro pleno do novo mandato, ante a ausencia da oposición que retirouse da sala antes da votación. A medida reduce a 5 os plenos ordinarios xa que en agosto non se reúne a corporación.

O Pleno Municipal de Baiona designa dedicacións e a nova xunta de goberno.

Correo-e Imprimir PDF

baionaorg135alcalde_edit651O Pleno municipal de Baiona reunirase este xoves ás 12 horas para a elección de membros da xunta de goberno que presidirá o rexedor popular Jesús Vázquez Almuíña. Durante a sesión tamén terá lugar a integración das distintas comisións da corporación para o presente mandato.

Os muros e cimentos do Río Grova entre Belesar e Sabarís serán reforzados pola Deputación de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

ro-grobaOs muros e cimentos do Río Gorva entre Belesar e Sabarís serán obxecto dunha obra de reposición e consolidación dos mesmos. Os traballos recibirán unha inversión de 76.393,83 euros os que foron adxudicados pola Deputación de Pontevedra á empresa Construcciones Morais S.L.

Ingresan sete novos auxiliares na Policía Local de Baiona para cubrir os servizos do Verán.

Correo-e Imprimir PDF

auxiliares-policia-006Sete novos axentes engrosan as filas da Policía Local de Baiona. Con estes, o concello contará con 21 efectivos de cara á tempada do verán onde a poboación da vila medra de forma importante. Os novos ingresos contan con experiencia no cumprimento destas funcións tanto en Baiona como noutros municipios, ademais de preparación académica adecuada, informan dende o Concello.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL