Os muros e cimentos do Río Gorva entre Belesar e Sabarís serán obxecto dunha obra de reposición e consolidación dos mesmos. Os traballos recibirán unha inversión de 76.393,83 euros os que foron adxudicados pola Deputación de Pontevedra á empresa Construcciones Morais S.L.
A deputación adxudicou as obras con fondos propios e a través dun procedemento "negociado, sin publicidad" , segundo informa o Boletín Oficial da provincia de Pontevedra deste venres 10 de xuño.