Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG proporá baixar á metade as retribucións a cambio de retomar a mensualidade dos plenos.

O BNG proporá baixar á metade as retribucións a cambio de retomar a mensualidade dos plenos.

Correo-e Imprimir PDF
xose_enrique_bng

O concelleiro do BNG Xosé Enrique Fernández oferta ao alcalde Almuíña baixar a percepcións por asistencia aos plenos e comisións a metade, sempre e cando retome os plenos mensuais. O concelleiro nacionalista desafía ao rexedor baionés a que modifique a súa resolución do último pleno pola que reduciu estas cesións a 5 no ano, supostamente para aforrar cartos.

"A cidadanía baionesa, quixo que estivésemos na oposición e é este lugar o que queremos ocupar, e para poder levar acabo a nosa labor de control da acción do goberno e fiscalización precisamos poder dispoñer de plenos ordinarios todos os meses, para poder presentar mocións, facer rogos e preguntas" afirmou Fernández.

"De todos xeitos quero deixar algo extremadamente claro. O BNG non ten problema pola retribución dos seus concelleiros, de feito pedirá no próximo pleno ordinario que teña a ben convocar o señor Alcalde que as percepcións por asistencias a plenos e comisións se reduzan un 50% sempre e cando se retomen os plenos mensuais" afirmou. "De este xeito demostraremos cal é a verdadeira intención do señor alcalde e cal é a nosa, a do BNG".

O BNG, xunto cos concelleiros socialistas e da UPyD, abandonaron a cesión cando a maioría popular decidiu pasar a votar a moción da redución dos pleno. Catalogada de forma unánime pola oposición como a medida máis antidemocrática dos derradeiros 35 anos, agora o BNG contraofertará no próximo pleno esta rebaixa nas retribucións a cambio de retomar a mensualidade dos pleno. "Señor Alcalde, pasámoslle a pelota" sentenciou Fernández.