Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A Deputación de Pontevedra investirá 198.800€ na remodelación da glorieta de acceso a Baíña.

Correo-e Imprimir PDF
A glorieta situada no acceso na subida a Baíña será remodelada pola Deputación de Pontevedra. A obra tamén contempla unha mellora da seguridade vial da devandita estrada, a reposición de muros de mampostería e escaleiras na súa contorna. O proxecto conta cun orzamento de 198.800€, e foi adxudicado en xullo deste ano á empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L., mediante un procedemento de negociado que tiña como base 202.861,92 €. No día de hoxe, a formalización do contrato foi comunicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Baiona procura entrar nos mercados turísticos de Suíza, Alemaña e Austria.

Correo-e Imprimir PDF
Os xornalistas do fam trips chegados a Baiona na Carabela La Pinta.

A vila de Baiona intenta promocionar o seu perfil como destino turístico nos mercados de Suíza, Austria e Alemaña. Para iso dende onte ten convidados a tres xornalistas deses países que percorreran acompañados dun guía oficial os distintos lugares de interese do municipio. A iniciativa forma parte dun programa de visitas de familiarización (fam trips) pola costa atlántica e cantábrica para xornalistas de medios internacionais desenvolvida pola organización Villas Marineras en colaboración con España Verde, O Instituto de Turismo de España (TURESPAÑA) e as administracións autonómicas de Galicia, o Principado de Asturias, Cantabria e O País Vasco.

Sanidade denuncia "sabotaxes" e "pinchazos" durante a folga dos servizos de emerxencia en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

ambulancias-manifestacion-baionaA Consellaría de Sanidade denuncia "pinchazos" e sabotaxe á ambulancia que debía cubrir o servizo mínimo con base na parroquia de Sabarís, Baiona, durante a folga de 24 horas desenvolvida hoxe no sector. A autoridade sanitaria a través dun comunicado público afirmou que a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 garantiu a cobertura sanitaria en toda a autonomía "lamenta os incidentes ocorridos a pasada noite durante a xornada de folga." Contrariamente, un comunicado dos traballadores nucleados na CIG, cualificou de "éxito" a xornada de folga en protesta contra os recortes no servizo de transporte sanitario urxente decretados pola Xunta, na que descartou coñecer incidentes.

A Escola Municipal de Música de Baiona abre período de matriculación.

Correo-e Imprimir PDF

baiona.org.019.banda.musicaAta o vindeiro 17 de setembro están abertas as matriculacións para os cursos da Escola Municipal de Música de Baiona. Os interesados deben dirixirse ás oficinas da propia escola na Rúa Alférez Barreiro nº 20, no horario de 9 a 14 horas. Tamén pode solicitarse información ao teléfono 986 356 081.

 

 

Licítanse as obras de humanización da Rúa Julián Valverde en Sabarís que rematarán en 7 meses.

Correo-e Imprimir PDF

concello_baionaA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras da primeira fase de humanización da travesía interior de Sabarís, en Baiona. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, destinará un orzamento de máis dun millón de euros para a execución deste proxecto. Estes traballos de humanización enmárcanse dentro do Plan Hurbe.. O prazo de execución destes traballos sé de 7 meses.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL