Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O alcalde de Baiona defende a retirada do servizo nocturno da ambulancia 061 con base en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Almuíña defende por razoes económias a suspensión da quenda nocturna da ambulancia de Sabarís.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña defende a supresión do servizo nocturno que entre luns e xoves presta a ambulancia do 061 con base en Sabarís, previsto a partir do vindeiro 10 de setembro pola  Consellaría de Sanidade.  Mediante un comunicado publicado na web do Concello, o rexedor afirma que a medida contempla unha necesidade de racionalización en momentos de grave crise económica. Nembargante, no mesmo escrito Almuíña afirma que “exigirá ante quien corresponda una respuesta rápida ante la llamada de cualquier vecino que necesite el servicio de una ambulancia”.

Portos de Galicia iniciará a construción da estación marítima de Baiona a principios do outono

Correo-e Imprimir PDF

barco_baixura_WinCEPortos de Galicia prevé iniciar as obras de construción da estación marítima de Baiona a principios do vindeiro outono. Con este fin, o ente público está a ultimar os trámites necesarios para dar comezo aos traballos a finais do mes de setembro.

Agrávase o conflito pola diminución do servizo de ambulancias 061. Concentración ás 12 h en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

manifestacion_eliminacion_ambulancia_061Concentración ás 12 horas nas portas do Concello de Baiona contra a diminución do servizo de ambulancia.
Para Urxencias Sanitarias 061 a cobertura está garantida en todo o territorio galego.
CIG, CCOO e UGT presentaron convocatoria a unha folga del sector para o vindeiro xoves 8 de setembro.

A CIG denuncia que Baiona quedará sen ambulancia de garda a partir de setembro

Correo-e Imprimir PDF

Baiona disporá de ambulancia só durante media xornadaO sindicato da CIG vén de denunciar o recorte de cinco ambulancias do 061, que son as que se encargan de atender as urxencias, os accidentes, infartos... en toda Galiza. Recortes que afectarán a Baiona, Ponteareas, Marín, Vigo e a Mariña lucense. Xabier Aboi, da FGAMT-CIG denuncia que "esta decisión é consecuencia dos recortes anunciados pola Xunta de Galicia e plasmados no Decreto de Transporte Sanitario, que xa fora denunciado hai un ano, cando aínda estaba en fase de borrador. Uns recortes que non teñen xustificación e que terán "graves consecuencias" para a calidade e cantidade dos servizos públicos prestados polas ambulancias no noso país. "

Están a exposición pública os acordos sobre control do consumo da auga e orzamento 2011 de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

A partir deste xoves 11 e por 15 días hábiles estará a exposición pública e co obxectos de que podan presentarse reclamacións e suxestións polos interesados, o orzamento xeral do Concello de Baiona para o ano 2011, xunto cos seus anexos e documentacións. Co mesmo fin e prazo estará exposta ao público o expediente de modificación nº 3/11 do orzamento xeral do Concello de Baiona para 2010, prorrogado para 2011 mediante crédito extraordinario por importe de 36.000 euros e un suplemento de crédito de 134.800 euros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL