Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona reinaugura o seu dique de abrigo como novo espazo de ocio

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Baiona, acompañado do presidente de Portos de Galicia e do ex-concellal de medioambiente na anterior lexislatura, Manuel Vilar.

O presidente de Portos de Galicia, Manuel Alvarez Campá acompañado do alcalde e demais membros do equipo de goberno fixeron unha visita á Doca, para comprobar o seu estado actual unha vez finalizadas as obras de remodelación.

Ao acto asistiron tamén, o presidente da Cofraría e veciños usuarios habituais deste espazo moi concorrido por mariñeiros retirados, pescadores e un amplo colectivo de persoas que pasean e practican deporte nesta contorna privilexiada.

Entra en vigor o Plan do Casco Histórico de Baiona (PECHAB) e xa comeza a ser aplicado

Correo-e Imprimir PDF

casco_vello_baionaCoa publicación do edicto de aprobación definitiva  no Diario Oficial de Galicia entrou en vigor definitivamente o Plan Especial do Casco Histórico Artístico de Baiona (PECHAB), votado o  pasado 2 de xuño polo pleno da corporación municipal. A partir de hoxe, a administración baionesa poderá tramitar os expedientes e solicitudes de obra efectuadas polos propietarios de inmobles comprendidos dentro de la zona e espazos delimitados pola norma.

Baiona presenta un plan de obras de saneamento, pavimentación e melloras de camiños por 62.600€

Correo-e Imprimir PDF
O investimento de 62.600 euros será co financiado nun 70% con fondos da Dep. de Pontevedra.

A Concellería de Vías e Obras de Baiona presentou un plan onde se acometerán traballos de ampliación na rede de saneamento municipal, así como melloras e pavimentación de camiños en distintos puntos do municipio. Este primeiro plan dirixido polo concelleiro Ángel Manuel Rodal, terá un investimento de 62.600 euros, dos cales un 70% os aportará a Deputación de Pontevedra e o resto as arcas municipais.

O PSOE, BNG e máis UPyD reclaman unha ordenanza reguladora do consumo da auga en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

despilfarro-auga2O tres partidos da oposición baionesa PSOE, BNG e máis UPyD anunciaron a presentación dun escrito no Concello na mañá deste luns 27 de xuño, no que solicitan ao alcalde Jesús Vázquez Almuíña (PP) que convoque a un pleno extraordinario nos próximos 15 días para o tratamento de dous temas: o reestablecemento dos plenos ordinarios mensuais e a aprobación dunha ordenanza que regule o consumo "responsable" da auga no municipio.

A auga inundaba unha rotonda de Sabarís mentres o Concello repartía medidas de aforro á poboación.

Correo-e Imprimir PDF
A auga desborda unha das  rotondas de ingreso a Sabarís.

Mentres dende a alcaldía de Baiona se solicita a poboación "mesura" á hora de utilizar a auga,  un reporte gráfico obtido esta tarde polas cámaras de Valminor.info, volve a constatar que a medida non é seguida pola propia administración. Unha vez máis foi constatado o malgaste nos regadíos de espazos públicos, como na rotonda de ingreso a Sabarís onde se atopa a Glorieta Xeneral Santos Peralba. O sistema de regadío da praza non pechou a pesar de atoparse auga dabondo sobre o céspede.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL