Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Entra en vigor o Plan do Casco Histórico de Baiona (PECHAB) e xa comeza a ser aplicado

Entra en vigor o Plan do Casco Histórico de Baiona (PECHAB) e xa comeza a ser aplicado

Correo-e Imprimir PDF
casco_vello_baiona

Coa publicación do edicto de aprobación definitiva  no Diario Oficial de Galicia entrou en vigor definitivamente o Plan Especial do Casco Histórico Artístico de Baiona (PECHAB), votado o  pasado 2 de xuño polo pleno da corporación municipal. A partir de hoxe, a administración baionesa poderá tramitar os expedientes e solicitudes de obra efectuadas polos propietarios de inmobles comprendidos dentro de la zona e espazos delimitados pola norma.

Segundo manifestacións do alcalde Jesús Vázquez Almuíña esta aprobación permite xestionar de forma integral a rehabilitación. Así os propietarios de inmobles e fincas a través da Área de Rehabilitación Integral “ARI” poderán acometer obras acolléndose aos convenios e axudas que poñen a disposición distintas administracións. Outra das accións que posibilitará será a recuperación de edificacións abandonadas, que actualmente supoñen un risco por su estado ruinoso.

O proceso de elaboración e tramitación do PECHAB levou case seis anos. Segundo o comunicado público do Concello emitido na tarde de onte, isto se debeu a que por “su importancia y con el fin de dar la máxima publicidad y transparencia a todo el proceso” o Concello incrementou “los periodos más allá de lo previsto por ley, tanto en el número de exposiciones públicas como los plazos previstos para tal fin. Su conocimiento y seguimiento por parte del ciudadano ha sido una de principales preocupaciones del equipo de gobierno baionés”, afirman.

O alcalde Jesús Vázquez Almuiña, daquela, opinou logo da aprobación definitiva del PEPCHAB polo pleno que tratábase dun dos logros máis importantes do seu mandato xa que “supone un antes y un después para el futuro del casco histórico y por extensión para los vecinos de Baiona”.

O conxunto histórico baionés foi declarado en 1993 Ben de Interese Cultural coa categoría de Conxunto Histórico. Aínda que no documento esta denominación delimita a área e os elementos incluídos no centro urbano, tamén fai referencia a casas illadas ou extensións de terreo en distintos lugares do municipio que forman parte do patrimonio histórico artístico de Baiona. O PEPCHAB é un plan especial de protección do conxunto histórico que terá incidencia en algo máis de catrocentos edificios que albergan unhas setecentas vivendas, das cales segundo datos achegados polo equipo redactor, o 43% non reúne as condicións idóneas de habitabilidade.